Páxinas

mércores, 8 de agosto de 2007

Feira do libro usado



Onte e hoxe fomos dar unha volta ata Vigo pero por razóns distintas. Onte fomos á feira do libro antigo e de ocasión pero os prezos estaban fóra do noso alcance. Boto de menos as feiras de libros usados dos EEUU nas que os libros estaban realmente tirados de prezo.

E hoxe estivemos cunhas excompañeiras de estudos de Ana que a vida levou ós EEUU, a Inglaterra ou deixou por aquí.

6 comentarios:

  1. Aqui en Madrid hai tendas de libros que son restos de stocks. Onte descubrin unha e merquei un libro de 20 euros por 5 :)

    (Xa non vou dicir o guapo que esta Leo, pero é que é unha cousiña preciosa, que brazucos ten!)

    ResponderEliminar
  2. No meu pobo, Cee, comenza mañá pola tarde a feira do libro pero é unha feira pequena (6 librerías) e non libros usados.
    Unha mágoa.
    Bicos para esa criatura.

    ResponderEliminar
  3. Xa sabes, isto non é USA. ;)

    ResponderEliminar
  4. USA os libros e despois daos baratos. Eu teño visto por Coruña vendedores de libros usados, creo que os Domingos, polo mercado de S.Agustín.

    ResponderEliminar
  5. É unha mágoa, coma ben dis... sería fermoso pensar que é porque eiquí lle damos máis "valor" aos libros.

    ResponderEliminar
  6. Neste país non hai costume lectora e así os libros parecen artigos de luxo e teñen eses prezos.
    Non me importa muito que xa non teño sitio na casa para máis libros. Gustaríame ter libros para Leo pero xa haberá tempo.
    Graciñas polos comentarios e a ver se co tempo hai máis feiras e máis librerías.

    ResponderEliminar

És humano ti ?