Páxinas

martes, 18 de setembro de 2007

O camioneiro feliz



O outro día carguei o meu primeiro camión de pienso. Tiven a grandísima sorte de cargar o camión de " Ghai ", un home tranquilo e feliz que fai honra ó seu apelido. Porque " Ghai " non vén de Jaime nin Jaimito senón de Gay, un apelido galego non mui frecuente que no caso deste camioneiro concorda co primeiro significado de " gay " en inglés: alegre... Cousas da gheada e do inglés.

A foto é roubada na arañeira. Non teño fotos do tal camioneiro.

11 comentarios:

  1. Ainda non nos dera tempo a acabar a entrada no blog e xa ten o teu comentario... Graciñas

    ResponderEliminar
  2. De tódolos xeitos o da foto tamén parece un tipo simpático.

    ResponderEliminar
  3. Éche ben curioso. O que non sei é a a orixe do tal "Gay", quizais teña que ver co apelido "Gayón" ou "Gayoso", non sei...

    ResponderEliminar
  4. preghunta inocente (dame reparo que me digas que é moi obvia!): que fai o camioneiro namentres ti lhe enches de pienso o camión? descansa? ajuda? come?...por curiosidade....

    ResponderEliminar
  5. pois ainda rexeitando as ideas de Lombroso, o camioneiro da foto semella moi alegre tamén!

    ResponderEliminar
  6. pois a ver se han de ser galegos os que destilan o misterioso ron "Mount Gay", omnipresente nos poucos bares qeu visitei por eiqui...

    ResponderEliminar
  7. Por iso Nietzsche, que escribiu unha obra titulada "O Gay Saber", agora ve a súa obra traducida co título "La sabiduría jovial".

    ResponderEliminar
  8. Tivo que acusarche impresión para que queras que non tamén que o coñezamos, ainda que sexa por medio dunha foto emprestada

    ResponderEliminar
  9. Polo que se ve disfrutas no teu traballo, ademais permiteche coñecer a moitas e variadas persoas, das que aprendemos moitas palabras e oficios, nalgun caso desconocidas polo menos para min.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  10. Pois ese camionero ten toda a pinta de gay (alegre, a pesar de de ser ianqui.

    ResponderEliminar
  11. De nada, abueloscrisytoño.
    Paidovento: non sei a orixe do apelido Gay pero podería ter relación co Gayoso e Gayán. Quen sabe ?.
    Txari: os camioneiros normalmente vixían a manobra e indican se vas mal ou ben e como queren a carga. Uns son máis esixentes e non lles vale nada e outros deixan facer.
    torredebabel: as apariencias hai veces que atinan pero non quere dicir que Lombroso estivese atinado coas súas teorías.
    arale: ó millor os galegos tamén bautizaron o bombardeiro Enola Gay. Nunca o saberemos.
    Na época de Nietzsche gay só tiña o significado que ben indicas, náufrago.
    fada branca: máis que impresión foi alegría empezar cun camioneiro tan tranquilo e comprensivo. Este posteo vai por el.
    apátrida: eu procuro aprender que para iso estou vivo e quédame muitiiiiiísimo por aprender.
    suso: os americanos son xente normal, un pouco distinta de nós pero non tan raros e hai de todo.

    Graciñas a todos polos comentarios.

    ResponderEliminar

És humano ti ?