Páxinas

venres, 14 de setembro de 2007

Mensaxes no centro comercial

Xa rematou o tempo de praia e hoxe estivemos nun centro comercial. O Leo alucinaba coas luces e o movemento de xente e gustoulle probar un todoterreo e un coche de carreiras.
A xente era un mostrario de vestimentas e o que máis me atrae son as mensaxes das camisetas: unha rapaza quería que a bicasen, outro rapaz daba a coñecer ó mundo que Galicia foi a campiona mundial de futbolín no ano 1997 e así máis mensaxes. Pero o que máis me gustou foi o que puña en inglés que o único que permanece é o futuro... e o noso futuro máis próximo é a vendima 2007.
Ata a próxima.
Na foto unha atracción para menores con mensaxes para maiores.

11 comentarios:

  1. Pois que a vendima sexa boa! Que dea moitos froitos e moi bo viño! Levaredes ao Leo para que vaia aprendendo as maneiras non?

    ResponderEliminar
  2. Está ben o das mensaxes. Así os papás van pensando na próxima atracción na que eles poden "montar".

    ResponderEliminar
  3. Fabuloso post. Que a vendimia sexa boa!

    ResponderEliminar
  4. Un post lindo, aqui me tes a unha fadiña investigando como e isto dos blogues, espero non perderme e poder voltar o meu berce

    ResponderEliminar
  5. O post é un reflexo da bonanza que atesouras. Gústache moito miralo mundo dende ese neno grande que levas dentro.
    Graciñas por compartir tanto.

    ResponderEliminar
  6. O Santy Conejo, debe de flipar cando montan as tias, e as sacude de riba pra baixo, e viceversa, je je.

    ResponderEliminar
  7. O Leo anda descubrindo o mundo. Como me gustan esas cariñas de abraio ante as novidades! Deberías poñer unha foto roubada.
    Achégase o seu aniversario. Pensaches no que che dixen?

    ResponderEliminar
  8. Que sexa boa a vendimia e sobre todo que sea de boa calidade.

    ResponderEliminar
  9. A vendima ven escasa pero din que de calidade.
    O Leo abraia con todo pero as lucas son o que máis lle chaman a atención.
    Para o aniversario xa porei a súa foto soprando a vela...ou facendo a aceno.
    Graciñas pola visita e os comentarios.

    ResponderEliminar
  10. Ola pequeno leo, eu tamén quixera ver ferias, vendimas e moito mais, xo solo vivo dos soños e historias que me contan, polo que me da virei verte as veces, para ver o k abraian os teus olliños...
    unha elfiña soñadora á que lle gusta espreitar

    ResponderEliminar
  11. o malo desas mensaxes, cando menos aqui, é que moitas veces quen as leva no peito non ten idea do que vai por ali dicindo...

    ResponderEliminar

És humano ti ?