Páxinas

mércores, 3 de outubro de 2007

O encargado optimista



Hoxe descubrín que xa levaron a carretilla da vía do tren. Hai anos viña materia prima á fábrica en vagóns e a carretilla da foto era a encargada de remolcar os vagóns. O traballo foi a menos e a carretilla levaba cinco anos sen utilizarse... cinco anos !. Hai uns meses estaba co encargado que eu considero unha das persoas máis optimistas do mundo e apareceron uns homes para revisar a carretilla. Eu pregunteille ó encargado que facían eses homes e el dixo que ían levar a carretilla. Eu pregunteille se non ía usarse a vía nunca máis e el díxome: - Non, DE MOMENTO, non...Para min iso é optimismo.

13 comentarios:

  1. Pois si que o é, pero quen sabe, igual co AVE...
    Di Eva que en Castelo aínda seguen a utilizar o tren para cargar pezas grandes. A ver canto duran.

    ResponderEliminar
  2. Ola. Para mín é a primeira vez que velo. Tampouco sei qué é...
    Graciñas pola teu comentario no meu blog!
    Saudos

    ResponderEliminar
  3. Hai xente que é así, e non hai quen a cambie. E que duren moitos anos, que sen eles non facemos nada.

    ResponderEliminar
  4. ese é o optimismo que ven salvando ao mundo benquerido paideleo. Ese mesmo que atopaches nel.

    ResponderEliminar
  5. Tal e como anda o mundo, co de riba para baixo, aínda lle ha volver o tempo á carretilla.
    Apertas

    ResponderEliminar
  6. E uma pessoa optimista vive melhor a vida. Não sofre por antecipação.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  7. Está moi ben ser optimista, sen chegar a ser un iluso. Hai quen di que un pesimista eche un optimista ben informado.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  8. Pois si señor, eche un optimista en toda regra, porque eu pensaría que á carretilla acabouselle a vida laboral.
    Un saudiño.

    ResponderEliminar
  9. Si señor, que sorte tes traballar con xente así.

    ResponderEliminar
  10. Sabes que eu estou totalmente dacordo co optimismo do teu compañeiro ;-) Por certo, espero que podamos vernos esta fin de semana, tratade de non facer plans e xa chamarei coas novas. Bicos.

    ResponderEliminar
  11. Hai moita xente que sempre ve a botella medio baleira...xa ia sendo hora de que haxa alguén que a ve medio chea.

    ResponderEliminar
  12. Iso sI É optimismo, pero á vez é unha especie de muletilla moi utilizada, esa de "de momento"

    ResponderEliminar
  13. Isto é como o da botella meio chea ou meio valeira. O resultado é o mesmo mais todo depende da forma que o mires

    ResponderEliminar

És humano ti ?