Páxinas

sábado, 27 de outubro de 2007

Trece meses



Hoxe o Leíño fai os trece meses de vida. Aínda non fala e adica días a distintas cantinelas. Hai dúas semanas dicía " coricó " sempre. A semana pasada estaba " gogui, gogui " e agora está cambiando de palabra. Camiña agarrado dunha man e o outro día quedou dous segundos de pé sen apoiarse mirando unha flor. Calquera día destes bótase a andar. En canto á dentición dicir que segue cos seus sete magníficos pero que andan dando a tabarra os outros. Come ben e aínda chupa teta. Leva uns días repugnantiño para comer pero é por mor dos dentes. Tamén durmía ben el só no seu cuarto pero hai veces que a dor dos dentes é grande e chora desconsolado.

E deixo aquí unha minipelícula dun protagonista tamén chamado Leo.

14 comentarios:

  1. O Leo pequeno é ben chulo¡ Gústanme eses dous dentiños que se lle ven ao rir. Tes que estar ben contento gran Leo¡
    Por certo o vídeo sobre as concentracións agropecuarias é BOÍSIMO. Bicos para todos:)))

    ResponderEliminar
  2. Felicidades Leiño por esos 13 meses, Xa verás que emocionante cando se vota a andar. Bicos

    ResponderEliminar
  3. Trece xa, como corre o tempo. Cada día está máis grande este neno!

    ResponderEliminar
  4. O Leo está lindo. Parabéns por ele.
    Deus lhe ajude a fazer dele um homem feliz.
    Acabei de mandar para ele a canção infantil de que lhe tinha falado.
    Um abraço e boa semana

    ResponderEliminar
  5. ¡Estea atento, que dun día para outro apréndeno todo!

    ResponderEliminar
  6. Que feliz se lle ve!

    ResponderEliminar
  7. Debe ser espectacular ver todo ese proceso, tan lento e rápido ao mesmo tempo. O pequeno Leo está realmente lindo :D eu xa babeo tan só vendo a roupiña de bebé, tes que estar encantado.

    ResponderEliminar
  8. Xa non lle falta nada para camiñar. A miña afillada, que naceu o mesmo día que Leo, tamén está a piques de se soltar, pero aínda non se atreve a dar ese primeiro pasiño.
    Por certo, en relación a Orzowei, direiche que era un personaxe que me caía moi mal. Eu sempre fun fan de Mazinger.

    ResponderEliminar
  9. Pero que guapo está o Leo!! Xa veredes cando se solte, seguro que vai ser un terremoto! Que siga a crecer así de sano e contento :)

    Por certo, moi chulo o video...

    ResponderEliminar
  10. Que envexa de neno,nese tempo é cando están máis interesados por todo e os pais máis ocupados........
    que creza moi feliz( que xa se lle ve).
    apertas.

    ResponderEliminar
  11. Parabéns para o Leo, dá xenio velo...

    O vídeo mete medo, pero a verdade é que ben sabemos que os animais viven así. Só hai que ver como van nos camións...

    ResponderEliminar
  12. O Leo está ben bonitiño, calqueira día bota a andar e deixavos pasmados, a nos pasounos co primeiro fillo, un bo día levantouse agarradiño a unha mesa e púxose a andar como si fose o maís normal. É o que teñen os nenos, nunca deixan de sorprendernos. O vídeo mete medo, pero é moi real, como di Jan tod@s vimos moitas veces os camións nos que os transportan.
    saúdos.

    ResponderEliminar
  13. Non tarda en ir de botellón, je je. Está ghuapismo.

    ResponderEliminar
  14. Graciñas polos vosos comentarios.
    É bonito ver medrar e cambiar a un fillo e hai que gardar esas imaxes na memoria e no corazón.

    ResponderEliminar

És humano ti ?