Páxinas

mércores, 28 de novembro de 2007

Big bag



No traballo hai unhas sacas enormes de mil quilos. Chámanlles " big bag " en vez de chamarlles sacas grandes. Non sei porque teñen o nome en inglés se a xente descoñece o significado nin sabe como pronuncialo. Óese " bicbac " por aquí, " biobá " por alá, " bijbaj " por acolá e ata eu digo " bimbán " de broma.
No inglés teñen un problema parecido coas palabras foráneas e así un barrio de Londres chámase " elephant and castle " ( na foto ) en honor a unha muller que era " la infanta de Castilla ". Pero eu ademáis coñecín persoalmente un caso parecido cando facía sanduiches en Londres no " Pret a Manger ". Un ingrediente dos bocatas veganos era a alfalfa que viña de España. Os ingleses na súa vida sentiran falar de tal ingrediente e etiquetaban os paquetes escribindo " alfa alfa "...Supoño que así parecería un ingrediente máis nutritivo.
En fin...

16 comentarios:

  1. E ha de ser constante mundial... non me tenho metido en lios por non entender o que me dician os guiris...ate rematei por dicir eu "paila" por aforrarme o de explicar que era "paella"... en fins...

    ResponderEliminar
  2. Ha, ha, ha. O de alfa alfa está boísimo.

    ResponderEliminar
  3. éche como o de "Capetón", querido pai.


    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Gracioso e interesante. O alfa alfa debe de ser o antecedente do bifidus

    ResponderEliminar
  5. Na vida da Mariña Mercante, o ingles utilizado, era ademais de moiu corto, suficiente pra andar polo mundo enteiro.Saber decir focki, leidi , bar e bierr,abríache moitas portas.

    ResponderEliminar
  6. Todo o que escribo é da miña colleita teño cousas escritas desde o ano 1992 A. Cris

    ResponderEliminar
  7. hahaha moito rin! aqui temos iso mesmo pero co portugués: as relacións co Brasil fixeron que moitos tiveran ou desexaran aprender a falar a lingua, e tamen fixeron que outros pensaran que se pode falar sen aprendela. Non sabedes as cousas que se poden escoitar pola rúa!! de xente que pensa que está a falar en portugues e que non sae do máis espantoso portuñol. Co inglés xa non pasa porque estamos completamente colonizados e case o fala mesmo quen nunca o aprendeu formalmente...

    ResponderEliminar
  8. que em todas as culturas cócen-se fabas...nalgumha máis que noutras...a verdade!

    ResponderEliminar
  9. Fixome gracia o de alfa alfa...

    Unha aperta.
    :)

    ResponderEliminar
  10. Que bo! Aínda rin un pouco lendo o do bigbag e o elefante. Conta o meu pai, de cando traballaba en Spar, que aos Corn Flakes lles chamaban Cornos Flacos. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  11. Moi divertido e interesante. Saúdos

    ResponderEliminar
  12. Nin big bag, nin binbán. O que son é unhas sacas do carallo.

    ResponderEliminar
  13. Moi bo. Lémbrame expresións do tipo "nadar na ambulancia", "estar de caspa caída", "entre a espalda e a parede" e cousas así.

    ResponderEliminar
  14. Moi curioso o do "elephant and castle", cousas dos idiomas. Unha amiga falábame de como un coñecido irlandés termaba en adaptar frases feitas...a súa favorita era "irse ao sobre" pero xa vos podedes imaxinar como quedaba co sotaque e o envelope de por medio. Saúdos!

    ResponderEliminar
  15. Sen ir máis lonxe, eu que ando totalmente aparvada últimamente, con moito traballo pero tamén con moitas cousas que desexo facer, non ía poñer nada neste post pero hoxe pasoume unha cousa, dinme conta de que Chousa da Alcandra se chama así, levo semanas mentalmente lendo Chousa de Calandra. Acabo de lelo como se le.
    Supoño que isto ten algo que ver con aquel post "velocidade" de mueja.

    ResponderEliminar
  16. Encántame a foto, lembroume á peli do "Moulin Rouge", asi que este post resultoume moi curioso. Por certo, hoxe meus novos alumnos cometeron un erro moi simpático por mor dunha palabra en francés que se usa en Inglés para dicir menú do día, dise Table d'hôte á francesa, e en vez diso dixeron Carte d'or... Vése ben que xa estamos no Nadal.

    ResponderEliminar

És humano ti ?