Páxinas

martes, 27 de novembro de 2007

Catorce meses



O Leo fixo hoxe os catorce meses. Camiña agarrando unha man dun adulto ou agarrado a un dedo e exprémeos con forza. Aínda ten medo a soltarse a andar só pero calquera día sóltase. Iso si, agataña máis rápido ca un adulto e gústalle explorar. No falar segue sen dicir palabras aparte de " mamamama " e " papapapa " e non sempre. Dorme bastante ben en xeral e tamén come ben e aínda toma teta. Xoga co pan e chucha as patacas fritidas pero hai que darllo que el non os colle para comer. Ten oito dentes e bastante forza e xenio e encomódase se lle din que non a algo que quere facer ou tocar. Gústalle xogar e falar só e encántalle prender a televisión. Tamén baila movendo o cu con cancións. No baño protesta cando lle botan auga pola cabeza e hai veces que é unha pelexa poder mudarlle o cueiro.

Vamos, que o Leo segue indo para adiante ó seu ritmo.

16 comentarios:

  1. que riquiño!!!
    e que siga así!

    ResponderEliminar
  2. Dá gusto velo e saber cómo progresa. E xa sabe facer ben cousas!
    Dálle un biquiño.

    ResponderEliminar
  3. Está máis feito que as pesetas!!! Dá gustiño velo! Unha apreta moi grande e que se siga criando tan ben!

    ResponderEliminar
  4. Está superlindo. Chámame a atención que aínda tome teta. Iso era frecuente hai corenta anos, pero hoxe en día é unha excepción. Biquiños aos tres.

    ResponderEliminar
  5. Penso que lle mudou o xesto dende a última foto, non? vaille cambiando a cara, claro. Que bo que aínda mame! Seica é a base de moitas cousas.
    Apertas

    ResponderEliminar
  6. Que lindo que está. Dá gosto de olhar o ar feliz que aparenta.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  7. Mira que é riquiño o cativo

    ResponderEliminar
  8. pero este cabaleiro é o leo...?! vaia vaia... está todo un home!

    ResponderEliminar
  9. eu, coma sempre, penso que o mérito é dos nenos e dos pais, nun 50% para cada un. E se van os parabens para o guapo do neno, terán que ti tamén para os pais: noraboa!

    ResponderEliminar
  10. Da gusto miralo, e que boiño e para posar.

    ResponderEliminar
  11. ai que cousa más ben feita! :D

    que ben se presta á foto :D

    ResponderEliminar
  12. Este rapaz si que é unha regalia.Apertas pai

    ResponderEliminar
  13. Estaba eu pensando que nesa casa hai amor para criar máis fillos. Sería unha pena que non viñeran máis nenos así. Semente desa caste agradeceríao moito o mundo, nenos felices na súa crianza, homes de proveito no futuro.
    Apertas, Pedro e familia.

    ResponderEliminar
  14. Qué lindo tá o Leo...! Havia tempo que não o mirava...
    Quanto medrou!
    E, mentras tanto, eu, a ve-las vir...
    Biquinhos para o meninho. Que vaia arriba e os pais que o vejam...

    ResponderEliminar

És humano ti ?