Páxinas

xoves, 15 de novembro de 2007

Cruzándonos no camiño


Hai veces que cando vou xantar me cruzo no camiño cunha rapaza que conduce un coche coa pegatina de " Naipelo a bordo " en catalán. Saudámonos coa man pero a próxima vez vou dar un paso adiante e mandarlle un bico polo aire. Por riquiña.

14 comentarios:

  1. Si que é riquiño o cartel. "Naipelo a bordo" tamén é unha forma ben fermosa (e autóctona) de dicilo.

    ResponderEliminar
  2. Por algunha razón ven un. Para aprender cousas novas. Xa me contarás o de naipelo.

    ResponderEliminar
  3. Poia hai que demostrar que hai demanda, que o fabriquen, só cos cativos do blogomillo xa tiran beneficios.

    ResponderEliminar
  4. evidentemente, quería comezar cun "pois", pero o madrugón é criminal.

    ResponderEliminar
  5. Ui, explica ben iso de andar mandando bicos a rapazas na rua, que o chegar á casa vas ter bronca XD

    ResponderEliminar
  6. millor que o: baby on board. Cultivando linguas, si señor.

    ResponderEliminar
  7. Bom fim de semana. E hoje tem o post da amizade no Sexta-feira
    Um abraço, extensivo ao Leo.

    ResponderEliminar
  8. Ten tino cos bicos a descoñecidas (e se son riquiñas máis ainda). Mira que se vos gusta...

    ResponderEliminar
  9. Si, que ía eu airear as miñas infidelidades pola rede, ha, ha. Estaríache bo.
    A rapaza da pegata non é outra ca Naideleo.
    Boa fin de semana.

    ResponderEliminar
  10. Eu ia preguntar si a rapaza era a cativa que iría sentada atrás, pero xa me quedou claro...

    ResponderEliminar
  11. Es máis feito que as pesetas!

    ResponderEliminar
  12. aquí os carteis din "Bebé a bordo" pero seu, se atopaba un que puxera "Naipelo a bordo" mercábao inmediatamente!!! mesmo que ninguen mo entendese!

    ResponderEliminar
  13. Al principio no entendia nada.
    Fermosa historia de amor. A. Cris

    ResponderEliminar

És humano ti ?