
Parece mentira que ata hai ben pouco facía sol e bo tempo. Xa non facía calor pero había un soliño que convidaba a pasear. Hoxe empezou a chuvia desexada por muitos pero co ela veñen as catarreiras, toses e espirros. Por certo, por aquí cando unha persoa espirra dicimos: " Espirran as cabras, cheiran os castróns " ou " Espirran as cabras, ventan nortada ". Non sei a orixe destas frases humorísticas pero semella que as cabras valen para todo xa que no traballo chámanlle " pericas " ás carretillas e " pericas " son ... cabras.
En fin: a mal tempo boa cabra , digooo, boa cara.
Catarreiras si, pero que non falte o bo humor.
ResponderEliminarSaúdos
Que cousas.... as pericas para min son as miñas amigas. As pericas por aquí, as pericas por alá. Pero sempre se está a tempo de aprendermos novas cousas.
ResponderEliminarse chove deixa chover-e
ResponderEliminarse orballa deixa orballar-e
que eu ben sei das abrighadas
onde m'hei d'ir abrighar...
Sabiduría do pobo.
Un saúdiño.
(xa publiquei o teu fermoso encargo).
As cabras espirran?????
ResponderEliminarCo que a min me gusta a choiva..... e parece que xa se quere retirar
ResponderEliminarO meu pai cando esbirra e lle din "saúde" sempre resposta cun "ghrasias castrón, da túa rasa non son" xD
ResponderEliminarSaúdos ;)
Si?
ResponderEliminarNós o que dizemos por aqui é: "espirram as cabras, vai cambiar o tempo".
Se chove, chove
ResponderEliminarse hai vento, hai vento
e se chove e hai vento
é que hai mal tempo.
Na miña familia o que se di é San Roque (o patrón das bestas) por algo será.
ResponderEliminarkiños
Engraçado a médica de família de meus pais se chama Cristina Perica.
ResponderEliminarAqui se diz quando se espirra.
Temos o urso/a constipado/a logo não há circo.
Cada terra com seu uso, cada roca com seu fuso, não é mesmo?
Um abraço
como di Suso de Toro no seu Tic-Tac "agora como vemos ao home ou á muller do tempo na televisión que parece que son eles os que reparten en gobernan o tempo, pois xa todos nos poñemos, hala, eu quero sol. Non, non, a min póñame unhas poucas nubes que o sol me fai mal nos ollos"
ResponderEliminarampliado aquí: http://tictacsusodetoro.blogspot.com/
Posis a min a choiva faime sertir coma na casa
ResponderEliminarpola contra, eses carteis comezan a verse aqui pola rúa mentres o calor vai chegando e instalándose para asarnos durante longos tres ou catro meses.
ResponderEliminarEncántame ter comentarios e aprender novas cousas co eles. Así que graciñas a todos polas aportacións.
ResponderEliminarMentras non che digan que estás como elas todo vai ben.
ResponderEliminarFai falta moita agua, pero non creo que a de estos días sirva para moito
Cando eu estudiaba decíamos "Forza no cu, leite nas tetas, e moitas pesetas" despois de espirrar.
ResponderEliminarAquí decimos, "espirran as cabras, señal de bó tempo".
ResponderEliminarA verdade que quedo asustado, o que recopilas e a os post que pos a raíz dunha simple anécdota.
Da gusto, saúdos.