Páxinas

luns, 19 de novembro de 2007

Espirran as cabras



Parece mentira que ata hai ben pouco facía sol e bo tempo. Xa non facía calor pero había un soliño que convidaba a pasear. Hoxe empezou a chuvia desexada por muitos pero co ela veñen as catarreiras, toses e espirros. Por certo, por aquí cando unha persoa espirra dicimos: " Espirran as cabras, cheiran os castróns " ou " Espirran as cabras, ventan nortada ". Non sei a orixe destas frases humorísticas pero semella que as cabras valen para todo xa que no traballo chámanlle " pericas " ás carretillas e " pericas " son ... cabras.
En fin: a mal tempo boa cabra , digooo, boa cara.

17 comentarios:

  1. Catarreiras si, pero que non falte o bo humor.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Que cousas.... as pericas para min son as miñas amigas. As pericas por aquí, as pericas por alá. Pero sempre se está a tempo de aprendermos novas cousas.

    ResponderEliminar
  3. se chove deixa chover-e
    se orballa deixa orballar-e
    que eu ben sei das abrighadas
    onde m'hei d'ir abrighar...


    Sabiduría do pobo.

    Un saúdiño.
    (xa publiquei o teu fermoso encargo).

    ResponderEliminar
  4. As cabras espirran?????

    ResponderEliminar
  5. Co que a min me gusta a choiva..... e parece que xa se quere retirar

    ResponderEliminar
  6. O meu pai cando esbirra e lle din "saúde" sempre resposta cun "ghrasias castrón, da túa rasa non son" xD

    Saúdos ;)

    ResponderEliminar
  7. Si?
    Nós o que dizemos por aqui é: "espirram as cabras, vai cambiar o tempo".

    ResponderEliminar
  8. Se chove, chove
    se hai vento, hai vento
    e se chove e hai vento
    é que hai mal tempo.

    ResponderEliminar
  9. Na miña familia o que se di é San Roque (o patrón das bestas) por algo será.
    kiños

    ResponderEliminar
  10. Engraçado a médica de família de meus pais se chama Cristina Perica.
    Aqui se diz quando se espirra.
    Temos o urso/a constipado/a logo não há circo.
    Cada terra com seu uso, cada roca com seu fuso, não é mesmo?
    Um abraço

    ResponderEliminar
  11. como di Suso de Toro no seu Tic-Tac "agora como vemos ao home ou á muller do tempo na televisión que parece que son eles os que reparten en gobernan o tempo, pois xa todos nos poñemos, hala, eu quero sol. Non, non, a min póñame unhas poucas nubes que o sol me fai mal nos ollos"
    ampliado aquí: http://tictacsusodetoro.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  12. Posis a min a choiva faime sertir coma na casa

    ResponderEliminar
  13. pola contra, eses carteis comezan a verse aqui pola rúa mentres o calor vai chegando e instalándose para asarnos durante longos tres ou catro meses.

    ResponderEliminar
  14. Encántame ter comentarios e aprender novas cousas co eles. Así que graciñas a todos polas aportacións.

    ResponderEliminar
  15. Mentras non che digan que estás como elas todo vai ben.
    Fai falta moita agua, pero non creo que a de estos días sirva para moito

    ResponderEliminar
  16. Cando eu estudiaba decíamos "Forza no cu, leite nas tetas, e moitas pesetas" despois de espirrar.

    ResponderEliminar
  17. Aquí decimos, "espirran as cabras, señal de bó tempo".
    A verdade que quedo asustado, o que recopilas e a os post que pos a raíz dunha simple anécdota.
    Da gusto, saúdos.

    ResponderEliminar

És humano ti ?