Páxinas

sábado, 3 de novembro de 2007

Os calacús mandan



Hoxe os rapaces tallaron calacús. As sementes foron para unha bulsa e quedaron para ser prantadas alá por abril e así os calacús nacen no próximo outono. Catro mulleres levaron o rei Calacú ata o concello nunha padiola e viñeron de volta coa música dunha charanga. Tamén houbo castañas e viño e a organización pensa facer un concurso de espantallos no mes de maio que sería o primeiro de Galicia.
En fin, que isto segue adiante.

10 comentarios:

  1. Un concurso de espantallos?, pois temos que anotar a abuelaCris, que ten unha idea sobre un espantallo e un conto que ten escrito, e está esperando o momento bo para facer o espantallo que require o conto para publica-lo despois no seu blog... unha preciosidad digna de non perdelo, xa o miraredes.

    ResponderEliminar
  2. Es rápido, pai de leo.

    ResponderEliminar
  3. Bo día de domingo pai-de-leo¡ Vexo que estivo de festa¡ E polo que vexo moi divertida. O do concurso de espantallos paréceme unha boa idea.Ah¡ Unha cousiña... non se anima a facer o meme este das oito cousas que anda por todos os blogs? Bicos:))

    ResponderEliminar
  4. Orixinal e fermosa idea a do concurso de espantallos.
    Os espantallos tiñan o seu aquel, agora case non se ven e algún que hai causa pena.
    Saúdos.
    M. Busto

    ResponderEliminar
  5. Bonita tradición, e o concurso de espantallos ten moi boa pinta

    ResponderEliminar
  6. aqui non temos este costume e o malo non é non telo senon que comezamos a copialo dos estadounidenses... coma se non levaramos xa bastante colonizacion cultural!!

    ResponderEliminar
  7. Interesante o concurso de espantallos, por orixinal e por tradición.

    ResponderEliminar
  8. Nunca na vida escoitara o de calacús, nin esa tradición...o que non aprendamos contigo!!!

    ResponderEliminar
  9. Creo que os blogs están facendo moito pola nosa cultura. Intentarei copiarvolo pro ano. Saludos

    ResponderEliminar
  10. Espantalhos é uma coisa que me encanta mas que cada vez se vê menos.
    Um abraço

    ResponderEliminar

És humano ti ?