
Aproveitamos este novembro seco de máis para ir ó monte e asar chourizos e castañas en boa compaña. E despóis da sobremesa houbo unha partida de pincha, nome polo que se coñece a billarda por esta zona. Este xogo ten varios nomes como cachiza pola zona de Tomiño, escanícula en Redondela, lipe en Marín, etc, etc. Só faltou no magosto enfarruscar a cara coas cinsas da fogueira. Quedará para o ano que vén...
Xa sabía eu que habías colgar esa foto. A que van pensar que fomos ao mesmo magosto?
ResponderEliminarQue envexa!
ResponderEliminarque ven o pasastes ¿non?
ResponderEliminarMagosto sen manchar a cara é menos magosto. ;)
ResponderEliminarPois precisamente comenza hoxe na Coruña a liga noroeste de bilarda.
ResponderEliminareu quero reivindicar a palabra "cachiça" para ese xogo :D
ResponderEliminarAs castañas non me gusta moito comelas pero o cheiro mentras se asan encántame...
ResponderEliminarUnha aperta nun Domingo frío e chuvioso.
:)
Que perdure a saudable tradicións dos magostos: Por certo, o nome magosto si está completamente aceptado en todas as zonas de Galicia.
ResponderEliminarO xogo da billarda si que recibe ben nomes diferentes. Algúns dos que pós non os coñezo. Aquí dicísmoslle billarda ou estornela. E ben tempo hai que non xogo.
Moitos saúdos.
Bueno, en Arbo magosto é magusto pero xa sabemos que Arbo está máis cerca de Portugal que de España.
ResponderEliminarEu probeinas este finde por primeira vez este ano. Que boas estaban, meu!!!
ResponderEliminarespero que o pasarades ben :) Un saudo e unha aperta :)
ResponderEliminarDa gusto ver ese lume.
ResponderEliminarenveja de magostos e de chuvias, que seica jà vos van cheghando tambén...
ResponderEliminarPois eu tamén fixen un magostiño na compaña de amigos, primos e fillos de todos os que nos xuntamos, asamos chourizos e panceta, e por suposto castañas que estaban boísimas. Agora quédame comer burgazos (castañas cocidas) que me encantan pero que dan moito traballo porque as hai que pelar crúas.
ResponderEliminarUn saudiño.
A min pásame como a Pícara, chíflame o cheiro das castañas pero non gosto delas, cousa rara, verdade...?
ResponderEliminarE o máis peor aínda, tampoco me gusta o chourizo, e iso que non son moi prepunatiña para comere, pero en fin...Cousas que ten a vida!
Aquí chamamosle xogar a villa ou o palán. Posiblemente fagamos pro ano un equipo e inscribiremonos na Liga Galega. Anímovos a facer o mismo.
ResponderEliminarMagusto nós costumamos fazer no dia de S. Martinho.
ResponderEliminarUm abraço e uma óptima semana
Que ben, xa temos con quen contar para montar a conferencia suroeste da Liga Nacional de Billarda. :-)
ResponderEliminar