Páxinas

sábado, 17 de novembro de 2007

Magosto e pincha

Aproveitamos este novembro seco de máis para ir ó monte e asar chourizos e castañas en boa compaña. E despóis da sobremesa houbo unha partida de pincha, nome polo que se coñece a billarda por esta zona. Este xogo ten varios nomes como cachiza pola zona de Tomiño, escanícula en Redondela, lipe en Marín, etc, etc. Só faltou no magosto enfarruscar a cara coas cinsas da fogueira. Quedará para o ano que vén...

18 comentarios:

  1. Xa sabía eu que habías colgar esa foto. A que van pensar que fomos ao mesmo magosto?

    ResponderEliminar
  2. Magosto sen manchar a cara é menos magosto. ;)

    ResponderEliminar
  3. Pois precisamente comenza hoxe na Coruña a liga noroeste de bilarda.

    ResponderEliminar
  4. eu quero reivindicar a palabra "cachiça" para ese xogo :D

    ResponderEliminar
  5. As castañas non me gusta moito comelas pero o cheiro mentras se asan encántame...

    Unha aperta nun Domingo frío e chuvioso.
    :)

    ResponderEliminar
  6. Que perdure a saudable tradicións dos magostos: Por certo, o nome magosto si está completamente aceptado en todas as zonas de Galicia.
    O xogo da billarda si que recibe ben nomes diferentes. Algúns dos que pós non os coñezo. Aquí dicísmoslle billarda ou estornela. E ben tempo hai que non xogo.
    Moitos saúdos.

    ResponderEliminar
  7. Bueno, en Arbo magosto é magusto pero xa sabemos que Arbo está máis cerca de Portugal que de España.

    ResponderEliminar
  8. Eu probeinas este finde por primeira vez este ano. Que boas estaban, meu!!!

    ResponderEliminar
  9. espero que o pasarades ben :) Un saudo e unha aperta :)

    ResponderEliminar
  10. enveja de magostos e de chuvias, que seica jà vos van cheghando tambén...

    ResponderEliminar
  11. Pois eu tamén fixen un magostiño na compaña de amigos, primos e fillos de todos os que nos xuntamos, asamos chourizos e panceta, e por suposto castañas que estaban boísimas. Agora quédame comer burgazos (castañas cocidas) que me encantan pero que dan moito traballo porque as hai que pelar crúas.
    Un saudiño.

    ResponderEliminar
  12. A min pásame como a Pícara, chíflame o cheiro das castañas pero non gosto delas, cousa rara, verdade...?

    E o máis peor aínda, tampoco me gusta o chourizo, e iso que non son moi prepunatiña para comere, pero en fin...Cousas que ten a vida!

    ResponderEliminar
  13. Aquí chamamosle xogar a villa ou o palán. Posiblemente fagamos pro ano un equipo e inscribiremonos na Liga Galega. Anímovos a facer o mismo.

    ResponderEliminar
  14. Magusto nós costumamos fazer no dia de S. Martinho.
    Um abraço e uma óptima semana

    ResponderEliminar
  15. Que ben, xa temos con quen contar para montar a conferencia suroeste da Liga Nacional de Billarda. :-)

    ResponderEliminar

És humano ti ?