Páxinas

mércores, 21 de novembro de 2007

Manolo " das cabras "



Pois si, as chivas espirran e moven a cola a unha velocidade tola. Quen pode saber muito das cabras é Manolo " das cabras ". Ía levar un rabaño delas a pastar e cando estaba libre de traballos xuntábase cos rapaces. Sempre soltaba a cantinela de " Cu, cu...tapa o cu. Cu, cu...tápao tu ". Pero aparte diso tiña dúas cualidades que o facían un superhome ós ollos dos rapaces inxenuos que eramos. Unha era que tiraba as pedras a unha velocidade que as facía zoar polo aire e outra era que era quen de meter a lingua polas ventas do nariz. Agora pasaron os anos e ata eu son capaz de lograr tales proezas. Quen sabe se eu tamén chegarei a ser unha especie de ídolo para algún rapaz incauto...

7 comentarios:

  1. Eu sempre admirei (e ainda admiro) a xente que sabe tirar pedras a aguga e que den un par de botes antes de se afundir... Inteneteino, mais non dou aprendido.

    ResponderEliminar
  2. Pois a min abráiame que alguén poida meter a lingua polas ventas. Por moito que o estou intentando, non dou. Debe ser que teño a lingua curta.

    ResponderEliminar
  3. Digo o mesmo que Peke. Estou tentando meter a lingua polo nariz e non podo. Consegues que os lectores do teu blog fagamos cousas moi raras. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Eu son quen de tocar o naris coa lingua (a xente abráiase), máis non a dou metido dentro das ventas... iso si que é ter a lingua larga! xDD

    Un saúdo ;)

    ResponderEliminar
  5. Mira que o de meter a língua polo burato do nariz é cousa ben difícil, levo un anaco intentándoo e nada, e voume deixar de parvadas, porque como entre alguén e me vexa neste intento, han pensar que me volvín tola.

    ResponderEliminar
  6. A min de pequerrecha levabanme a tirar pedras á ría, nun recunchiño pequeno, envaixo dunha ponte, eu tentaba facelas deslizar e aínda recorodo con admiración como o coneguía meu pai.

    ResponderEliminar
  7. o manolo das cabras non só é un idolo por esas incribles fazañas, senón por moitas outras que son moi sonadas na'cedre e arredores. o manolo é un mito, un personaxe que nos aleda coa súa presencia. Senón existira o manolo das cabras habería que inventalo.

    Saúdos!

    ResponderEliminar

És humano ti ?