Páxinas

domingo, 25 de novembro de 2007

Tartaravoa Mercedes



Hai días que hai sorpresas e onte foi un deses días. Puiden facer esta copia dixital da tartaravoa Mercedes que fixo esta foto co seu fillo maior para mandarlla ó seu home Pepe que estaba na Arxentina no ano 1912. Esta é a foto máis antiga que temos da familia e publícoa para pedir o fin da violencia entre homes e mulleres. Ó fin e cabo todos somos metade home e metade muller, nonsí ?.

7 comentarios:

  1. Foto entrañable,paradigma dunha época. Subscribo a túa intención.Saúdos

    ResponderEliminar
  2. O meu 50%masculino aplaude e a parte femenina dache as gracias,que ben sendo o mesmo.........
    apertas.

    ResponderEliminar
  3. Un propósito moi bo e unha foto cargada de historia. Moi bonita

    ResponderEliminar
  4. Gostei diso que dis de ser metade e metade ;)
    A min esas fotos tan antigas fascínanme, é como abrir un furado no tempo e estabelecer contacto con xente que, dalgún xeito, é moi parecida e moi diferente a nós.

    ResponderEliminar
  5. Non a violencia entre humanos.

    ResponderEliminar

És humano ti ?