
Uito é como lle chaman ó oito pola zona de Arbo e vén a conto porque queren que fale sobre oito cousas tres blogueiros: Oko, Pau e Rosa Enríquez. E haberá que lles facer caso porque senón chegan a ser oito os blogueiros que me invitan a facer o meme.
Eu non sabía de que oito cousas podía falar e matinando, matinando; podo falar dos oito países que me gustaría visitar e polo que. Podería falar de oito odios, oito quereres, oito animais, oito libros ou oito blogos pero hoxe decidinme por oito países.
De sempre me gustaron os mapas e a xeografía e cando me regalaron o atlas da foto durmía co el debaixo da almofada. Gustábame e gústame viaxar coa imaxinación e un mapa para min é un mundo para descubrir. Medrei e foron mudando os meus gustos e fun coñecendo algo do mundo que me rodea pero aínda quedan oito países que me gustaría visitar.
1 . Australia: sempre me chamou a atención pola súa fauna e os aborixes australianos. Tamén porque son parte das nosas antípodas.
2 . Rusia: a súa grandeza e diversidade de paisaxes e xentes é un imán para min. Facer a rota transiberiana non ten prezo.
3 . Xapón: é un país relativamente pequeno pero cheo de personalidade e os xaponeses que coñecín son mui agradables. Ata hai xente como masashi: un xaponés con alma galega !.
4 .O Cono Sur: xa sei que non é un país pero Arxentina e Chile serían imprescindibles para visitar e disfrutar. A illa Chiloé téñoa idealizada coma unha irmá de Galicia.
5 .Canadá: outro país grande que quixera percorrer nas súas grandes extensións despoboadas.
6 .Grecia: este pode considerarse o país máis asequible pola proximidade. O que me chama deste país é o seu mar e a súa historia que é a precursora de gran parte da nosa cultura.
7 .Brasil: outro país grande con paisaxes irrepetibles que fan del un mundo variado e vivo.
8 .Costa Rica: temos unha amiga que fala del marabillas e cun falar que é de conto. O que di e o que sei do país ( que non ten exército ) fan del un paraíso para o meu entender.
Xa sei que hai máis países e que quedan atrás pero a escolla é difícil e algúns tiñan que quedar relegados.
E pásolle o relevo a paidovento, Manolo Busto, a Mr. Tichborne, Nébeda, Peke, Mer, la abuela Cris e Vanessa de Santiso.
Xa sabedes: hai que escribir de oito cousas, as que queirades; e logo embarcar a oito " vítimas " para que falen sobre outras oito.
PD: Tamén a Rifenha me embarcaba no meme.
PD 2: E xurxocimadevila atacaba.
unha lezón de xeogafía no seu meme paideleo
ResponderEliminarrusia tamén está entre as miñas prioridades, e creo que de primeira.
ResponderEliminarpolo que respecta a costa rica, nunca tiven unha opinión formada sobre ela, pero este ano coñecín unha rapaza dalí e o que dixo fíxome pensar: "si, todo o mundo sabe que costa rica non ten exército. pero iso non significa que vivamos en paz"
un meme ben interesante!!!!!
Xa me convidara Mario do Porto dos Escravos. Que fago? Dous posts? Xa me está dando traballo dabondo facer un!
ResponderEliminarPois iso, marrón aceptado! E que viaxe vostede moito!
Esta noite quedo pensando A.Cris
ResponderEliminarEstes memes servem para nos irmos conhecendo melhor.
ResponderEliminarUm abraço
Hai que ver que pequeno é o mundo :-) Espero que hoxe poda rexistralo comentario. Non sei que me pasa que ando manco e con solta.
ResponderEliminarSaúdos Pedriño e seguir soñando.
Pois hoxe si...
ResponderEliminarGraciñas polo convite. Ando pouco inspirada pero o antes que poida hei responder.
ResponderEliminarGustáronme moito os teus países.
Agradécese o calor das túas visitas á Lareira.
Apertas!
unha vez aceptado o reto do meme publiqueino aquí: http://mer-falamos.blogspot.com/
ResponderEliminarun saúdo
debo darche as gracias por lembrarte de min ou confesar que é unha putada?...XD. Fareino, claro que si. Pero dáme un tempiño.
ResponderEliminarUn bico
Convite aceptado. Poñereime.
ResponderEliminarPois xa nos contaras si algun día vas a esos sitios.Si toca unha boa loteria ata se podería pensar en ir a esas 8 maravillas
ResponderEliminarXa está aceptada a invitación e correspondida. Grazas polo percorrido de países aos que nos levaches. A min como me gustaría ir calquera lugar do mundo, tamén os teus estarían entre os meus favoritos. Apetezo máis o mundo occidental pola seguridade, senón incluiría Exipto, Palestina, Siria, Xordania, Irak...
ResponderEliminarSaúdos
Eu sempre quixen ir a Reykjavik (Islandia), mesmo hai 3 anos case, case vou, faltou a decisión á ultimísima hora de outra persoa. Vou tratar de cumprir este desexo dentro do próximo lustro.
ResponderEliminarUito nom só se di em Arbo e em Arbo nom só se di uito ;)
ResponderEliminarE daquela já nos dirás algum dia como se di 8 em ruso, quechua, grego, etc. :P
Fixeches mal en non agadar que te convidaran uito blogueiros, non ía tardar moito! :D
ResponderEliminarMoi ben, paideleo.
ResponderEliminarTodo galego ten que coñecer Arxentina ;-)
Unha aperta.
Antón.