Esta noite pasada levei un susto mentres paseaba a Colín. Oín un estoupido enorme que pensei que era unha canteira cercana pero extrañoume que fose de noite. Hoxe xa saiu na televisión dicindo que o da noite pasada foi
unha gamberrada de tres rapaces. Pois vaia gamberrada !. Eu creo que foi unha animalada. Para min gamberrada pode ser escribir nas paredes e portas anque se escribes o da foto ata ten gracia.

PS: acabo de oír un petardazo agora mesmo, ás once e nove minutos da noite do día once de decembro. Sairá mañá nas novas ?.
A algúns rapaces vaiselles un pouco a olla....
ResponderEliminarA juventude é irreverente, mas às vezes é também inconsciente.
ResponderEliminarUm abraço
Pois vaia graza. A min esas cousas...
ResponderEliminarMoi bo o dos pitiños.
ResponderEliminarPois pensemos que foi unha gamberrada, ainda que nos ultimos tempos estase a desfasar moito a cousa
ResponderEliminarO segundo petardo está relacionado co fútbol.
ResponderEliminarGraciñas polos comentarios.
Nada que decir dese exceso de polvora neuronal!...se se adicaran a xogar ao trompo ou as canicas!...apertas pai
ResponderEliminarEstou totalmente dacordo contigo, para mín as gamberradas son outra cousa.
ResponderEliminarE qué facían uns rapaces amañando gamberradas casi ás 12 da noite?
Essas coisas assustam-me um pouco. E às vezes a inconsciência de alguma juventude faz com que atitudes como essa alastrem.
ResponderEliminarAs gamberradas dos rapaces as veces non teñen límite. O tema sería saber qué facían uns rapaces as 12 da noite nun día de semana de paseo pola rúa. Eu cando era adolescente os días de clase había que estar en casa cedo, pero agora...
ResponderEliminarFai anos nun muro dunha leira un letreiro decia ,As uvas teñen inchamorros
ResponderEliminarXusto debaixo escribiron, Non nos importa lavámolas
pois mal passarías a vida polo levante e a catalunya onde botan petardos até pra celebrar que cheja a fin de semana!
ResponderEliminar