-eiro

Labels: lingua I

Labels: lingua I
Tamén rin un pouco coa actuación de Toni Lomba e Elio dos Santos. Albisquei algún famoso da TVG e recreeime na " can parade " coas siluetas do can símbolo do festival redeseñadas por artistas locais e así dei coñecido o famoso can verde tan raro de ver ( ou era azul o can da expresión ? ). 

Labels: curiosidades I, vilaguindastre

Labels: leo I

Labels: curiosidades I, vilaguindastre
Dentro duns días dará comenzo o Festival de Cans no Porriño na súa cuarta edición. Nas ocasións anteriores non puiden ir e este ano non irei o xoves e mailo venres porque traballo de tarde pero o sábado pode ser que me acerque alí. Este festival de curtas ten algunhas peculariedades como que hai desfile de chimpíns (motocultores que levan remorque cos actores enriba), as proxeccións son en galpóns e cubertos, hai música e hai cañas a un euro. Se o tempo acompaña o éxito está asegurado.Labels: curiosidades I, vilaguindastre

Labels: colin

Labels: lingua, natureza I
O tempo voa e van murchando as flores do toxo e as glicinias apareceron e desapareceron case sen decatarse un. Para sustituir as chorimas abrochan aquí e acolá as flores da xesta que son tamén amarelas e ben poderían ser flor nacional.Labels: natureza

E isto foi o que apareceu o domingo 29 de abril de 2007 en El Progreso de Lugo.
Ó Leo xa lle asoman os dentiños de abaixo que saíron o cinco de maio e anda máis rallante que nunca e pasa malas noites. De tódolos xeitos non ten febre e as molestias son puntuais. En canto ós mobles da cociña dicir que case, case están rematados despois de furar de máis e repetir intentos de colocación de mobles altos e despois de picar un tubo de auga coa correspondiente visita do fontaneiro. Enfin, unha enleada de mil pares que por fin xa está rematando.
E máis nada, a ver se normalizo o meu ritmo blogueiro.