Páxinas

luns, 21 de xaneiro de 2008

Cousas que se aprenden


Esta fin de semana saiu por fin o sol e o Leo podía tratar de agarrar nunha parede a sombra da miña man para risa dunha parella que ía en coche. Os avós de Arbo prantaron maceiras, un peladilleiro e coellas, palabra que aprendín esta fin de semana e que define as verzas pequenas. No domingo axudei a atar as pólas dun limoeiro para guialas e aprendín na miña carne que os limoeiros teñen espiñas. No alto cantarexaba co vento a trécola ou tarabela da foto para axotar a aguia que come as galiñas. E cando montamos no coche de volta cantaba a curuxa ao lonxe pero faltaba o chío de mal agoiro da ave nocturna que non coñezo e que chaman a cabra " de morrás ".
En fin, cousas que se aprenden.

14 comentarios:

  1. Non coñezo a cabra "de morrás", pero lembráchesme unha palabra que xa tiña esquecida, "coellas"; tamén lle chaman así pola zona de Allariz.

    ResponderEliminar
  2. hai unha chea de cousas que aprender, fóra da cidade, ocurreuseme montar unha exposición nunha escola vella en Cela, Bueu e aprendín tamén da xenerosidade a que non estamos acostumados, o taxista, presidente da da asociación de veciños, foi quen se ofreceu a abrir e pechar a exposición.....

    http://acidadedendefora.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  3. Claro, como a froita non chega para todos sempre tes algunha "verba nova" para agasallar os teus fiéis visitantes.
    Eu embobo co teu relato e faime feliz pensar que haxa personas humanas que sexas capaces de ser ditosas co que ocorre ao seu arredor.
    Gracias por compartir tanta xenerosidade.

    ResponderEliminar
  4. Así que o Leíño quería coller a sombra da túa man. Parece que lle van as cousas difíciles. :)

    ResponderEliminar
  5. Aprende-se sempre muito no campo. É saudável e eu gosto. Por isso vivo fora da cidade, numa zona rural, mas trabalho no Funchal, a cidade que comemora este ano 500 anos de existência.

    Um abraço.

    ResponderEliminar
  6. Na aldea de onde son, a cabra de "morrás" é a cabuxa do aire, porque canta dun xeito moi parecido ás cabuxas.

    E dá medo do de verdade, non o do cine para apertarse ó/á mozo/a.

    Unha apertiña

    ResponderEliminar
  7. Pois mira que son parvo! Eu non sabía da utilidade dos "muiños" eses enriba dos frutais...
    Xa ves, todos aprendemos.

    ResponderEliminar
  8. Que fin de semana máis guai! a min, que preciso da luz como se fixese a fotosíntese, estes días de sol no inverno devólvenme a vida :)

    ResponderEliminar
  9. xa ben di o refrán: nunca te deitarás...

    ResponderEliminar
  10. Eu nunca o oira e non sei como lle chamamos no meu pobo, pero informareime

    ResponderEliminar
  11. Gostei.
    Embora o português e o galego sejam gémeos, muita coisa houve que ...
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  12. Eu aprendín tamén onome de coella e a denominación de a cabra de morrás. Aquí dicimoslle curuxa simplemente. E as verzas pequenas nin sei se lle temos nomes. Plantamos verzas, coles, repolos e nesta época andamos a ver se collemos as nabizas, o mel dos nabos. Como choveu pouco parece que escasean.
    Grazas por compartires ese galego raiano con Portugal que tanto nos enriquece.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  13. eu tamén andei hoxe a improvisar debaixo dun limoeiro. Por falta de maestro o resultado deixa moito que desexar. Penso que seria moi didactica unha reportaxe gráfica das tuas andainas polo agro. Saúdos ao teu Leo,menino moi xeitoso

    ResponderEliminar
  14. A vida no campo é uma verdadeira escola.
    Um abraço

    ResponderEliminar

És humano ti ?