Páxinas

mércores, 23 de xaneiro de 2008

Foto denuncia



O outro día meteron un xornal gratuito no buzón de correo e tiña esta foto onde invitan a denunciar cousas que se poden mellorar. Eu vounos chinchar e mandar a foto do seu anuncio para que escriban mellor en galego e se deixen de " imáxenes ". Imaxinas escribir nun periódico en español " imájenes ", por exemplo ?.

13 comentarios:

  1. A falta de respecto pola nosa lingua é unha constante. Mesmo algúns dos que a empregan caen sempre nun desleixo que, como ti dis, non se atreverían a perpetrar no caso de utilizar o castelán. Dálles caña.

    ResponderEliminar
  2. A moitos de nos, no nos deixaron aprender o galego. Sera un de nos?

    ResponderEliminar
  3. Sen compaixón.

    (eu inclúome no grupo dos que facemos un uso non malo pero si irregular da língua --aínda non memoricei a normativa, non sei se merece a pena, por se cambia de novo, digo--)

    ResponderEliminar
  4. dalle duro e pídelles que contraten un filólogo que eu teño un curmán no paro.
    saúdos.

    ResponderEliminar
  5. A verdade é que eu son a primeira que meto a pata moitas veces no noso idioma, pero é que a min pasoume o que di abueoscrisytoño, non nos deixaron aprender o galego polo que tuvemos que aprender pola nosa conta e claro como mudan tantas veces a normativa pois bueno, ahí andamos coas nosas carencias, pero aprendendo cada día.
    Pero o do xornal non ten perdón, que contraten a xente que sepa o idioma, digo eu.

    ResponderEliminar
  6. Pois sí, moi ben feito. Onde tamén hai moitas faltas máis gramaticais que ortográficas é nos carteis de Caixanova. Xa cacei varios erros importantes, e na edición dixital en galego de A Voz de Galicia xa nin comentamos.

    ResponderEliminar
  7. pois farías moi MOI ben en denuncialos a eles mesmos!! Se cadra, non son eu a persoa axeitada para dicir estas cousas, pero se alá é malo, non queirades saber o que é escoitar o galego dos que levan décadas vivindo de Galiza aquí.

    ResponderEliminar
  8. Quando se escreve em galego como se for um registo do castelhano, é-che o que se passa...

    ResponderEliminar
  9. Velaí un cazador cazado. Vese que hai que levar a escopeta con retrovisor.
    Évos esta unha leria que tardaremos en arranxar. Ben din algúns que nos cambian a normativa con frecuencia, outros nin siquera foron escolarizados en galego e aínda por riba pois temos as interferencias lóxicas produto da convivencia das dúas linguas.
    Ollo! Quen estea libre de erros que tire a primeira pedra. Eu case non me atrevo. Pero si me sumo aos que reivindican máis pureza e normalidade para o noso maltratado idioma.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  10. Se Busto non tira pedras; eu non me atrevo a quitar nin as mans dos petos. Ainda así hai bultos que cantan moito.
    Ben cazados e ben chinchados, sí señor.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  11. Ha ha ha
    Moi boa idea.
    :D

    ResponderEliminar

És humano ti ?