
Para comer o taco no choio sempre levo fruita. Agora estou de sorte porque estamos na época das mandarinas, os kiwis e mazás da casa que non teñen igual no sabor. As mandarinas xa as rematei e mazás quedan mui poucas. Os kiwis, que houbo poucos este inverno pola seca; quedan para outra semana máis e logo acábanse. Logo toca mercar fruita e hai que escoller entre a variedade que hai. Así, por exemplo, en troques da mandarina caseira hai varios cítricos que me semellan novos e descoñecidos. Antes só había mandarinas e clementinas pero agora hai
clauselinas e
clemenvillas e muitas máis !. O que podían inventar dunha vez é unha fruita con sabor caseiro e deixarse de gaitas.
Gústanme moito as mandarinas, de feito no inverno case é a única froita que como. Tamén piña natural que me encanta e acompáñoa con todo, fágoa volta e volta cos filetes de polo, así quentiña sácaselle a acidez.
ResponderEliminarNo inverno tampouco como leituga, a miña avoa dicía, e as avoas son moi sabias, que a leituga era do verán, e tiña razón, a leituga de inverno nin tan sequera ten bo sabor. Onde se poña unha leituga da horta.
No verán qué ricas as claudias da horta da miña tía, que sempre se lle cargan as árbores que non damos comida.
Co ben que sabe pasar por debaixo da maceira e coller unha mazá. Ou calquera outra arbore! Claro que non duran todo o ano, esa é a magoa...
ResponderEliminarCanta razon tendes, o mismo pasa cos polos da casa.
ResponderEliminarDentro de nada empeza a froita de primavera e verán. O tempo pasa tan rápido...
ResponderEliminarcando fago zume, non deixo de pensar nos incribles limóns que medran no limoeiro da miña casa, mentres exprimo estes de aquí, todos escuchimizados...
ResponderEliminarDe pequeno recordo que ia aos naranxos e exprimia as naranxas directamente na boca.
ResponderEliminarEste hai unha chea de naranxas na miña casa
Apoiote 100% no que pides, como se nota a diferencia, polo de agora inda me quedan algunhas reserviñas...
ResponderEliminarBqñs.
AMEN!!!
ResponderEliminarnin cheiran, nin teñen sabor, canto recordo as fresas silvestres, e as mazás que con só acercar o nariz, xa sabían ben, co olor.
Eres un pequeno privilexiado, que o saibas!
;-)
un bico
Pois eu non sei que lle fan á froita para non saber igual cás que recolemos da árbore.
ResponderEliminarAs da foto parecen ben gorentosas. Nós aquí non podemos colleitar nin kiwis nin mandarinas. O clima non o permite.
Bo proveito. E unha aperta.
Pois. Também acho.
ResponderEliminarUm abraço desde esta Ilha no Atlântico.
A friota da casa é unha de esas cousas que non hai cartos que a pague. ¡Longa vida ás nosas hortas, eiras e lugares, cheos de frutais e outras minas de ouro!
ResponderEliminarUnha aperta.
ummm, qué rica! unha macedonia casera!
ResponderEliminarCo este posteo quero render homenaxe a esta natureza que nos dá semellantes marabillas e á que deberiamos estar profundamente agradecidos.
ResponderEliminar