Páxinas

mércores, 30 de xaneiro de 2008

Parabéns



Chegar a unha idade avanzada ten o seu mérito e require de sorte. Non é tan doado. Porque a vida non é un conto de príncipes azuis senón de xente do común que está farta de traballar cando chega aos corenta, con sorte, por unha miseria e en malas condicións.
E, como exemplo, poño esta foto onde saio eu e máis uns veciños hai xa uns aniños. Todos demos chegado aos vinte. Os trinta xa non o celebramos todos e foron menos os que sopraron corenta candeas nunha torta. Accidentes, drogas e suicidio acabou con varios deles antes de poder arrolar un fillo seu no colo. Dalgúns non volvín saber e mesmo o que está detrás da cámara foi ilegalmente aos EEUU e non volveu.
En fin, que hoxe non quero dramatizar e o que si quero é darlle os meus parabéns a Paidovento e tamén a Castelao que estaría de aniversario tal día coma hoxe se seguise entre nós. E que siga a conta, Paidovento.

12 comentarios:

  1. Jorge Manrique foi quen mellor reflexionou sobre a fugacidade da vida. É iso, un paso rápido e curto.
    A min sucédeme igual que a ti, xa non estamos todos os que nos poñiamos nas fotos: accidentes, cancros...

    Si, é unha sorte seguir adiante e poder abrazar os fillos. E un lamento de dor escápasenos coa lembranza dos amigos que xa non están connosco.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Creo que a todos nos falta alguién, y cuantos mais años temos,peor. Ademais los que tenemos los cuarenta ( me faltan 3,eh), tenemos amigos mortos pola droga, unos cuantos de acidente y otros de enfermedades várias.
    Mi madre de vez en cando me chama y dime que moreu fulano o fulana,y sempre recordo ao pai da miña filla mayor,que está en Portugal, y que moreu de acidente cando ela tiña 1 año.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  3. Uma bonita homenagem aos seus amigos desaparecidos. A vida é assim. Uns nascem e outros morrem, por muita saudade que nos deixem.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  4. Moitos foron quedando atrás...Temos sorte de seguir contandoo, e intentar que os que veñan despois sepan das cousas que poideron ser e non foron. Melancolía

    ResponderEliminar
  5. De cando en vez, vennos ben lembrar ese tipo de camiños andados. E compañeiros que tivemos nel. Tamén eles forman parte de nos.

    Xa o dixo peke: c'est la vie

    ResponderEliminar
  6. moita razón leva Ana, a todos fáltanos alguén. O caso é que cando é xente nova inquiétanos máis, tanto porque é contra a natureza como porque é xente do noso tempo. É cousa de mérito e de sorte. Tes toda a razón, Paideleo!

    ResponderEliminar
  7. Eu vou falar do teu peiteado, gañaches moito co cambio, do outro que podo dicir, asi e a vida, uns desaparecen e outros como o Leiño empezan o seu longo camiño, mais agora que nunca, pasiño a pasiño...
    Moitos bicos.

    ResponderEliminar
  8. Graciñas polas vosas palabras.

    Co este posteo quería expresar a rabia que me deu oíndo a un de sangue azul que estaba de cumpreanos e que dicía que tiña gañas de traballar. Deume rabia porque el non sabe o que é traballar duro e buscarse a vida día a día.
    Pido perdón se me saiu triste ou deprimente. E xa me pasou a rabia esa.

    ResponderEliminar
  9. Pois queres saber que xa me parecía a mín que ia por o do príncipe, jajajajajajaja. E pensar que a letizia e mais nova ca min e casou con él... vaia partido jajajajajajaja, vou ter que buscar un así para que me saque de traballar ahhahahahahah!

    ResponderEliminar
  10. Esta mañán leía ao espertar unha frase que quero compartir contigo " NAS NOSAS VIDAS NON HAI UN DÍA SEN IMPORTANCIA".
    Felicidades, Pedro. E ante o desasosego das cousas da vida, moita reflexión.

    ResponderEliminar
  11. a pesar de todo, eu penso que a vida é un recuncho fermoso no que paga a pena estar, aínda que amargue botar o pé fóra ás mañás para saír ao día. Xa o dicía Mafalda: "cómpre moito valor para baixar ao mundo", nunha viñeta na que aparecía sobre a cama.
    bicos, paideleo

    ResponderEliminar

És humano ti ?