Páxinas

martes, 8 de xaneiro de 2008

Perdón polo mal tempo



Remataron as festas con chuvia de agasallos por parte de Papa Noel e os Reis Magos. O Leo non apreza os xoguetes e faille máis caso a un corcho dunha botella que a un moneco. Bueno, está na idade, non ?.

O mal tempo parece que segue con nós. Pero tamén cantei a noite de Reis cancións do karaokiño en boa compaña e iso merece un castigo divino en forma de chuvia. Pido perdón.

10 comentarios:

  1. Imos ter que perdoarche porque parece que vai a escampar...
    Teño un pequeno problemilla no blog de videotecautista e preciso da túa axuda e de todo o que se queira sumar, pero por favor, con delicadeza, humor e astucia...
    Isto é o que me pasou:
    http://videotecautista.blogspot.com/2008/01/como-entender-textos-en-gallego.html

    ResponderEliminar
  2. segue cantando, diranche moitos, ou, e por qué non empezaches antes?
    unha aperta de retorno aínda que tí non fosches dos que marchaches de todo

    ResponderEliminar
  3. pois que os Reis Magos aproveiten, xa que a Leo lle gustan máis os corchos que os xoguetes ;)

    muak.

    ResponderEliminar
  4. Discrepo: que chova non é un castigo divino senón unha beizón. Canta, canta máis. :)

    ResponderEliminar
  5. Creo que mamiigo quere saber se se pode recuperar un comentario que eliminou o autor

    ResponderEliminar
  6. Ben, se elixiu o corcho... é que aínda nos queda unha raiola de esperanza nestas novas xeracións.

    ResponderEliminar
  7. O Leo fantástico por presenza e por saúde. E tamén por saberse enredar cun anaco de cortiza. A imaxinación é o xoguete máis orixinal e poderoso.
    No que atingue a cantar, estou de acordo cos que che piden que cantes máis se é que así arrecian as chuvia. Coa falta que fan, non lle chames mal tempo. O mal tempo foi o outro.
    Apertas e grazas polo enderezo do blog do castro de Neixón. Acertaches, del interésame todo o que ofrecen.

    ResponderEliminar
  8. Por certo...

    KARAOKE: do xaponés "espazo baleiro"

    ResponderEliminar
  9. que bonito que é o coche de Leo! aquí, eses vehículos chámanse "pata-pata" porque para ir adiantando os nenos teñen que mover primeiro unha perna (pata aquí en sentido non culto, por extensión das dos animais) e logo a outra e así. Santiago ten un cunha forma moi simpática tamén e, mesmo que xa ten idade para bicicleta pequena (e de feito a ten), non deixa día sen dar unha voltiña no seu pata-pata ;-))

    ResponderEliminar
  10. Recoméndovos un novo CD moi fermoso para cantar e xogar con leo: Pelo gato 24,
    Ten cancións moi fermosas e cuns arranxos moi coidados e animosos. Contén historias e bailes, (como un anterior do mesmo estilo pero que era monotemático de nadal o Kirikiki, que o nadal pasado foi a nosa banda sonora.....
    os meus fillos de 7 e 4 anos levan duas semanas co Cd todo o día porque polo visto son as adiccións de estas idades....

    ResponderEliminar

És humano ti ?