Páxinas

xoves, 21 de febreiro de 2008

O Quixote



Pois sigo con cans. Nesta foto está o can que chamo eu " O Quixote ". Este can é de Arbo e descubrín hai pouco que é fillo da Pitusa, unha cadela que tiñan os bisavós de Leo. Este can é un fervellico e seguro que caza ben como a nai. Non creo que sexa de raza pero é parecido ao podengo galego. A foto foi en branco e negro por despiste pero quedou ben, non ?.

10 comentarios:

  1. Ten un algo de podenco aristocrático con palleiro de pedigree.Apertas pai

    ResponderEliminar
  2. Carai! Menuda postura! Mesmo parece un modelo acostumado a posar para as fotos.

    Usei o vínculo a Pitusa, post que non lera. Os meus avós tiñan un can que se chamaba Bobi. Morreu de vello aos 18 anos. A miña tía moito chorou. Era un can palleiro, moi boíño, que tódalas mañás toma café con coñac co meu avó, se o café non tiña coñac non o quería, jaja, o soberano de toda a vida, eh?

    ResponderEliminar
  3. Sí que quedou ben, e o can ten unha pose de modelo,como ben dixe Mer.

    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Penso que acertaches de cheo co nome..
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  5. ola eu tamén son de agolada e no meu blog tamén escribo sobre o pobo. o de busto xa o coñecía, son un amigo do blog d´Agolada bueno por se che interesa o meu blog é: www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
    deberías poñer o teu blog en castellano, só é un consello. bueno espero que che guste e que algún día veñas por aquí. Agolada

    ResponderEliminar
  6. Que pinta de chuliño!

    ResponderEliminar
  7. Que can máis chulo, en non sei porque a xente compra cans de raza, onde se poñan os de palleiro...
    Por certo, bonito artigo. Se queres leer sobre o meu pobo, AGolada, visita : www.dagolada.blogspot.com

    ResponderEliminar
  8. Nin de coña poñas o blog en Castelan, que use o traductor. Manda carallo, tal como están as cousas...

    ResponderEliminar
  9. Este é máis oufano que o anterior. Saiuche guapo na foto. Eu de razas pouco entendo, pero aprezo a súa estética.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  10. pois si, quedou estupenda e o modelo é guapo guapo.

    ResponderEliminar

És humano ti ?