
Levamos uns días de calores primaverais boas para podar e atar viñas e tamén enxertar. Eu nunca fixen nada disto pero hoxe axudei a preparar un valado novo da casa da Refontán. O valado vai pechar a horta por diante. Aparte de axudar aprendo algunha palabra nova coma " churir " que significa pingar a mangueira. Aprendendo palabras así de fermosas xa me dou por ben pago.
A foto é da casa da Refontán despóis do incendio de 2006. Creo que teño que actualizar a miña galería fotográfica.
sabes que acaban de publicar "o neno do pixama a raias" en galego? pois si. se o tes pensado regalar xa sabes... cambia de lingua ;)
ResponderEliminarun bico, pai.
E voçe un patrimonio inmaterial da transmisión oral da nosa lingua.Apertas
ResponderEliminarDa gusto pasar por aquí sempre se aprenden cousas ben interesantes, concordo totalmente co que di Torreira...
ResponderEliminarUnha aperta nun día luminoso.
:)
Apertas primaverais.
ResponderEliminarPois si que lle tocou cerca o lume, espero que agora teña un explendoroso verde
ResponderEliminarPois de boas podas saiem boas colheitas.
ResponderEliminarUm abraço e uma boa semana
as palabras, os xeitos de podar, o tempo das sementeiras, as lúas, nada diso se debera perder, está en nós rescatalo do olvido.
ResponderEliminarPois ademais de bo alumno aprendendo novas verbas, tamén es bo mestre porque nolas ensinas axiña aos demais. Eu non a coñecía, nin esa nin outra semellante.
ResponderEliminarUnha aperta.
A minha resposta: foi bom teres perguntado. Aquelas fotografias são todas do meu companheiro que preferiu que o seu nome não fosse usado. E insiste que elas são minhas só porque eu estava ao seu lado quando fotografou.
ResponderEliminarUm abraço.
Efectivamente eres un patrimonio da transmisión oral.
ResponderEliminarE curioso, onte pasei e entrei polo primeiro enlace do post, fun dar cos videos das viñas e das máscaras de falabarato e non sei nen onde acabei... e o que ten sair unha noite de blogs.
ResponderEliminarMoi ben, Pedro. Digo eu que irás apuntándoas, o mesmo, nun futuro non moi lonxano ata me aparece un neto pola casa co diccionario das palabras do pai de Leo :-)
Apertas, das de verdade.
Da gusto venir por aqui, sempre aprendo algo novo, menos mal,que ti estas habituado a mi galego-castellan,jejeje
ResponderEliminarHe encontrado un programilla,que me traduce todo al galego,pero sería como botr agua al vino,non?
Bicos
Que terror ese incendio aí tan preto!
ResponderEliminarSaúdos!
pois si que é um descubrimeto compartido o teu coas verbas novas!
ResponderEliminarEstas feito un labrego de primeira. Que tal está o viño novo?
ResponderEliminarEu teño as viñas case a monte. Un día destes anímome e pómoñe a coidalas.
Saudos ó Leo que debe estar enorme.
Tampouco coñezo esa palabra "churir", supoño que é desa zona, por aquí nunca lla ouvin a naide.
ResponderEliminarapertas
Graciñas a todos polos comentarios e os piropos.
ResponderEliminarO verdadeiro patrimonio inmaterial está fóra para desfrutar del e aprender. Xa dixen que me gusta aprender palabras novas e tratar de gardalas para o futuro e o blogo é un bó sistema.
En canto ao redor da casa dicir que do verde de piñeiros de hai dous anos pasando ao castaño do queimado e agora é azul do ceo que non hai unha soa árbore ao redor da casa.
Un saúdo a todos.
Este post recordoume cando era cativa.
ResponderEliminarTódolos febreiros ía á casa dos meus avós maternos o "Podador".
Era un home da zona que se adicaba a iso, podar as viñas de toda a comarca. Simpático, corpulento, con pinta de bonachón e cunha desas voces moi graves. Eu dáballe a lata moitísimo, andaba detrás del por toda a horta, encantábame falar con el. Chamábase Elías e, precisamente o outro día visitando á miña tía Filomena pasei por diante da que era a súa casa.
Mira tí, tanto tempo sen recordalo e nun mes veume dúas veces á cabeza.