Páxinas

martes, 26 de febreiro de 2008

Veighiñas





Ten razón Vanessa cando di que hai que tratar de conservar o que nos vén de antes. E seguindo o seu consello eu onte cortei as uñas porque din que hai que cortalas nun día que non teña " s", ou sexa domingo, para que non se levanten as peles arredor da uña. Tamén lembrei a expresión " mirarlle o cu á curuxa " co significado de " coller medo " e hoxe aprendín unha xogueta que se lle fai a un neno: tocánselle as meixelas e pregúntaselle " De quen son estas veighiñas ? " e cando di " Son miñas " tíraselle do nariz e díselle " Entón que fai este marco no medio ? ".

E aquí queda anotado para a posteriedade...

12 comentarios:

  1. Iso lémbrame esoutro xogo que se fai aos nenos na cara, tocándolle cada unha das partes mencionadas: "Este queixo, queixolán; esta boca, pide pan; este naris, narisete; este ollo, revirete; este, seu irmán; arrícate gavilán" (e nese momento cólleselle o nariz entre dous dedos e tíraselle del). E mesmo se pode deixar o dedo polgar entre o furabolos e o pai de todos e dicirlle: onde está o teu nariz?. Eva

    ResponderEliminar
  2. É a primeira vez que escoito o das uñas, ...por iso sempre me saen peles...


    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Que curioso. A min sempre me dixeron que cortase as unllas un día que non tivese "r" (!!!)
    Saúdos

    ResponderEliminar
  4. E a min dicíanme que había que cortalas con tres S: un Sábado, a Soas e á Sombra.
    Velaí a variedade. Conclusión: cortalas cando sexa preciso.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  5. Non sabía tampouco eu o das uñas.

    ResponderEliminar
  6. Pois eu tamén tiña entendido que era en días sen "r".

    ResponderEliminar
  7. Hola
    son eu outra vez...mi suegra tambem me dixo que e con o r...
    jeje,a ver en que quedamos,xa non sei que día cortar as uñas.

    bicos

    ResponderEliminar
  8. pois non sabia nada destas cousas e agora marcho deste recanto mais sabia e divertida. Apertísimas!

    ResponderEliminar
  9. Non sabía do das uñas nin do da canción, pero si na que sae no primeiro comentario do post, así dicíame sempre o meu avo e eu sempre ia na procura dun espello a mirar se tiña o nariz ou non, e a segunda vez que mo facía, aínda que non quería creerllo apalpabamo para comprobar que aínda seguía no seu lugar. un saúdo ;)

    ResponderEliminar
  10. Eu nunca escoitara tampouco o das unllas...

    Que feitas as veighiñas do Leo, dan gañas de comerllas...

    ResponderEliminar
  11. eva: eu escribín hai un tempo a versión que coñezo e que lle canto ao Leo
    http://leoeosseus.blogspot.com/2006/10/co-nacemento-de-leo-aprndense-cousas.html
    ana: sempre estamos aprendendo.
    abueloscrisytoño: con probar nada se perde, verdade ?.
    a lareira de santiso: eu tiña as miñas dúbidas pero preguntei e son os días sen "s".
    busto.agolada: xa vexo que hai variedade e a que coñeces é ben curiosa.
    peke: tranquila que eu aprendino ben tarde tamén.
    chousa da alcandra: dígoche o mesmo que a lareira de santiso.
    ana: parece que está mui extendida a versión anti "r". Terás que probar anque o domingo vale para ambos casos.
    torredebabel: alédome que aprendas e que te divirtas. Volve sempre que queiras.
    enmeigada: que sorte desfrutar desas cousas, eh ?.
    jan: eu aprendino tarde pero non quero ser o único en sabelo así que o publico na rede.
    Eu comer non llas como pero gañas tamén teño.

    ResponderEliminar

És humano ti ?