Páxinas

luns, 17 de marzo de 2008

Camelias e cadros en Soutomaior

O domingo fomos ata o castelo de Soutomaior onde había unha exposición de camelias pero a sorpresa era que tamén había cadros dun tal Alfredo Erias nos que pinta esculturas e figuras medievais de monumentos galegos.
Gustoume o castelo, gustáronme as camelias, gustáronme os cadros, gustoume o xardín e aledoume ver aos abueloscrisytoño.

12 comentarios:

  1. Pedindo desculpa pela ausência, deixo um abraço e votos de uma Santa e feliz Páscoa.

    ResponderEliminar
  2. Vexo que foi unha xornada moi grata e interesante. Bastaba por si só o castelo e o seu xardín, pero ademais tíñache reservado moitas outras cousas agradables. Os cadros, a xulgar polo que nos amosas, parecen moi atraentes. Este creo que representa o sartego dos condes de Andrade que se conserva en Santa María do Azogue en Betanzos.
    Unha aperta e bos dias de descanso.

    ResponderEliminar
  3. Yo estuve por allá en enero,pero no me preguntes de quien era la exposición,porque ya no me recuerdo del nombre.
    Los jardines son preciosos y el castillo.

    Besos

    ResponderEliminar
  4. Eu xa hai tempo que non vou a ver ese castelo, pero lembro que era ben chulo. Seguro que o pasastes moi ben. Saúdos dende d´agolada.

    ResponderEliminar
  5. Vós a Soutomaior e nós ao Faro de Budiño. Unha pena que non quedaramos.

    ResponderEliminar
  6. Pois sim, muito interessante...

    ResponderEliminar
  7. que casualidade aínda fun o mes pasado era moi bonito. www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

    ResponderEliminar
  8. Vostede cre que o catalán é unha merda? E o galego?

    http://sinblancaporelmundo.wordpress.com/2008/03/16/el-catala-es-una-puta-merda/

    ResponderEliminar
  9. Son o que che teñen os castelos,que nunca sabes o que vas a atopar dentro deles.Aperta pai

    ResponderEliminar
  10. encántame Soutomaior e sobre todo o xardín. Porque eu creo que os xardíns adoitan ser as partes máis bonitas dos castelos.



    un bico grande.

    ResponderEliminar
  11. Gustoume moito que me fixese unha visita á miña páxina electrónica.

    Desgraciadamente non teño moita xente que escriba en galego na miña bitácora.

    Aínda non estiven en Galicia. Non, amento. Estiven unha vez de visita cando foi a ver á miña irmá en Santiago.

    Non facía moi bo tempo así que me tiven que conformar cunha visita á catedral. Foi impresionante. Pero máis, non vin. Se cadra noutro ocasión.

    ResponderEliminar
  12. elvira carvalho: non hai que pedir desculpas...faltaría máis.
    Unha boa Páscoa.
    busto.agolada: todo está mui ben e o dos cadros foi unha sorpresa boa. O cadro é do sepulcro de Fernán Pérez de Andrade o bó.
    ana: eu hai anos que non ía e notei que está millor que antes.
    d'agolada: si, é mui chulo. Pena de que non fixese millor día para pasear polo xardín.
    paidovento: si, habería que quedar para facer algunha viaxiña destas.
    tangaranho: para min si.
    asbeirasoarnego: non me extraña porque hai muitas visitas de todas partes.
    sinblancaporelmundo: non hai idiomas merdentos senón xente merdenta e en tódolos idiomas do mundo.
    torreira: eu sabía o das camelias pero non os cadros. Calquera día hai unhas probas de LK para desfrutar.
    nébeda: o xardín é mui bó pero nos castelos o que me gusta son as almeas que lle dan significado ao castelo.
    sinblancaporelmundo: alédome de que lle gustase Santiago e marabíllome co dominio do galego que ten. Vai ter que abrir un blogo en galego ;).

    Graciñas a todos polos comentarios.

    ResponderEliminar

És humano ti ?