
Hoxe o naipelo chega aos dezaoito meses ou ano e medio. Fisicamente está mui ben, en altura sae fóra da táboa e no peso estabilizouse. Usa mui ben as mans pero falla un chisco na coordinación dos pés e di a pediatra que xoguemos co el á pelota pero el non quere e prefire pasar páxinas de libros, catálogos ou contos. Come ben e encántanlle o zume de laranxa e os iogures e tamén lle gusta probar todo pero o malo é que hai que darllo case todo que non colle garfos nen vasos nen culleres. Na fala non avanza nada e só fala coa boca fechada. O día que se solte non vai parar máis. Ten dez dentes e moas, dous flemóns das moas altas e fáltanlle os cairos. Adica o día a explorar almarios e caixóns e a xogar a montar pezas ou follexar libros. Tamén lle gusta ver propaganda da tele e escuitar cancións e bailar. Na rúa encántalle subir e baixar escaleiras e mirar para as rapazas sorrindo...E así vai indo.
e así é como ten que ser. verá, verá cando dea en falar... mimá!
ResponderEliminar:-)
hehe, vaia cariña de pai babexante, eh...Que sexa por moitos anos e medio máis!!!
ResponderEliminarBicos
Pedriño, está todo moi ben pero esqueciches limpar o teu queixo, que se ve un fío de baba caindo...
ResponderEliminarE non é para menos. Ah!, a aproveita mentres non se solta a falar ti, que despois non te ha deixar, como fan os nosos... Eva.
Que bonitiño está! Supoño que xa empeza a exercer os seus encantos coas rapazas. ;)
ResponderEliminarAhá! Cantos estragos tén feito Shin Chan... Seguro que o primeiro que dí é: Ei, moza, gústache o pemento?
ResponderEliminar:)
Que siga medrando así!
Beijos
Tem umha carinha redondinha e preciosa.
ResponderEliminarDa gana de o achuchar.
Ainda bem que só o vemos pola janela internautica e não podemos, que, no meu caso, ia-se aborrecer.
Este vai pra escritor...apertas pai.
ResponderEliminarAla,ala, que papa mas baboso!
ResponderEliminarO rapaz esta cachas,eh?Que guspetón está echo.
Bicos papaleo
Un ano andante, dous falante.
ResponderEliminar!esta guapisimo!
Dous flemóns igual ca min, que as moas do xuízo non acaban de saír! jeje
ResponderEliminarE como que non se sabe nada de min? Aiii... E como que o meu blog está parado? Vaia... Iso chegoume ao corazón, jeje. En fin, un bico.
Pero que juapo que está!!! E que cara de orgullo paterno!!!!
ResponderEliminarPero que bonitiño é!! e que crecidiño... co de comezar a falar... cando comece non vai a haber quen o pare... Un saúdo ;)
ResponderEliminarSi que é guapo. canta guerra debe dar e iso que se lle gusta andar con libros e tal aínda non é dos peores jeje. saúdos.
ResponderEliminarque bonitiño!!!
ResponderEliminar(canto máis leo de nenos, máis ganas teño de que naza o meu sobriño!!!)
encantoume a foto e o texto. encántame Leo e encántame o Pai tamén ;)
ResponderEliminarmoitos bicos.
Que crecidiño está xa! Dá gusto velo... :)
ResponderEliminarSe non lle vai o de xogar coa pelota... haberá que ensinarlle a beillar... ;);) ofrézome voluntario :D
Apertas para os dous.
Inteligente o Leo, prefere cultivar o espírito ao corpo.
ResponderEliminarMas deixe lá que quando ele tomar gosto à bola, não quer outra coisa.
Andar na areia sempre foi muito bom para fortalecer os musculos das pernas, e para ganhar firmeza, além do prazer que dá sentir a terra debaixo dos pés.
Um abraço aos dois.
Este neno promete intelixencia a moreas e está precioso.
ResponderEliminarsaúdos pai "crecho".