Páxinas

mércores, 12 de marzo de 2008

Humanada suprema



Pór unha pilla de lixo nunha exposición de arte xa non é moderno. Ca. O super moderno é pór un can atado sen comida e auga diante dunha frase feita con comida para cans: " Eres lo que lees " e deixalo morrer de fame. Esta abominación ocorréuselle o ano pasado ao " artista " Guillermo Habacuc Vargas en Honduras. Enteireime lendo no blogo do trasno viaxeiro e asinei para que ese malnacido non volva montar unha exposición de " arte ". Asina aquí para que o caso do can " Natividad " non se repita e aproveito para cagharme na parteira que aproveitou a ese artista.

21 comentarios:

  1. Xa lo habia leido noutro blogo,e tanben o firmei.
    E unha vergonza que permitan que ese cabr... expoña su "arte".
    Como e posible que estas cousas pasen?

    P.S.
    Non te tintes o pelo,e!
    Un home e un home,jejeje

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Eu non daba creto cando vin esta noticia por vez primeira. Non dou entendido tal aberración. Definitivamente unha humanada abominable!!

    ResponderEliminar
  3. Que razón tes! Xa me mandaran a artistada por correo electrónico e non daba creto.
    Por certo, para andar escaso de ideas como me contaron, non paras de "postear"
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Já assinei amigo. Um abraço


    À margem: eu nãestou maluca embora também não esteja bem de saúde. A explicação para o post do vídeo, está em que tentei várias vezes na Sexta-feira, postar o vídeo, mas o sr. You Tube fez o favor de só o enviar hoje. Já corrigi. Aproveito para pedir desculpa da ausência, mas a saúde não está muito bem

    ResponderEliminar
  5. É o típico caso no que dicir: "O mesmo había que facerlle a él."

    ResponderEliminar
  6. éche unha pasada, eu tamén o puxen no blogue porque cando me enterei non podía crelo, de verdade

    somos tan inhumáns os humáns?

    ao parecer sí, o artista voltou ser convidado ao mesmo certame no ano 2008, polo tanto JOSÉ IGNACIO DE JUANA CHAOS é unha obra de arte e un súper-artista a un tempo ¿?

    ResponderEliminar
  7. Eu xa o tiña posteado no blogue, coma tí e Mer. Paréceme alucinante a pasividade da xente, porque son eu e collo ó can e lévoo para a casa, así me deteñan ou me dean unha malleira na saída.

    Ocórrenseme moitos cualificativos pero todos se quedarían curtos.

    Iso si, se algún día, deus o quixer, me atopo con este chabacano, unha boa boufada non lla quita ninguén.

    ResponderEliminar
  8. Muito bem dito! Completamente de acordo contigo.

    Abraço.

    ResponderEliminar
  9. Arte? Unhas patadas nos güevos do "artista" cada cinco minutos tamén sería bo arte

    ResponderEliminar
  10. Non coñecía eu eso, coincido con ana, non é digno que lle expoñan a súa arte merda, aínda a fago mellor eu... ¿non si?. www.asbeirasdoarnego.blogspot.com espero a túa visita

    ResponderEliminar
  11. Pobre can. E que pena me dá que existan persoas capaces de tales maldades.
    Os que reaccionan con pasividade ante calquera tipo de agresión son igualmente culpables involuntarios.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  12. Non teño palabras. A miña confianza no ser humano diminúe a cada minuto. Este coitado can, o traballador Isaías Carrasco, as 17 mulleres que foron asasinadas no que vai de ano... Son todos símbolos da crueldade e absoluta inmoralidade de que somos capaces.
    En fin, Paideleo, a pesar de todo, teñamos esperanza. Boa Semana Santa.

    ResponderEliminar
  13. Igual habería que redefinir o concepto de arte... ou revisar as leis que permiten que o suposto "artista" deixe morrer a un can impunemente diante de todo o mundo.

    ResponderEliminar
  14. Xa coñecía o feito e xa asinei.

    ResponderEliminar
  15. Artistas hai moitos e de tódolas clases. Había un no meu pobo que era un artista porque podía beber máis de vinte cubatas sen caer de cú... ata que o fíjado se lle púxo en folga e deixou de ser artista.
    O do can é una salvaxada, pero paréceme máis salvaxada aínda o da xente que paga para ver esta exposición... iso non ten nome:

    - Oes, disque hai unha exposición na que deixan morrer a un can de fame.
    - ¿Que dis?, iso non mo perdo por nada do mundo.

    De pena.

    ResponderEliminar
  16. Canto tempo levaba sen escoitar a expresion de "me cagho na parteira que te aproveitou". Qué de lembranzas!

    ResponderEliminar
  17. Tamén asinei no seu momento...Paréceme incrible, non xa que un paisano fixera iso, que xa é estar enfermo, senón que as autoridades lle permitiran facelo...Ao millor este fillo da súa nai, foi capaz de dicir que non entendían a súa arte...

    ResponderEliminar
  18. Eu xa vira isto, e a verdade é que me deu para sospeitar que fose un bulo, como tantos hai, e mesmo que a "obra de arte" sexa crear resposta social por un feito que nunca aconteceu. Á verdade é que agardo que sexa así.

    ResponderEliminar
  19. Eu tamén recibín cantidade de mensaxes e vin cantidade de blogs. Tomei un tempo para tratar de indagar sobre a verdade/falsidade da noticia e todo semella que hai moito de mentira pero tan suculenta que o artista non tira beneficio no desmentido e o bulo continúa. Que polo menos toda a historia serva para concienciarnos máis de que o que inflinxe dor aos animais só ten que dar un pequeno paso para facer o mesmo coas persoas, como xa sabemos. Un saúdo.

    ResponderEliminar

És humano ti ?