Páxinas

venres, 14 de marzo de 2008

Millor estar calado

Non sei se lembras cando mandei un email dicindo que había unha imaxe cun texto mal redactado en galego ?. Bueno, deberon de recibir o email pero non contestaron. Iso si; no exemplar deste mes corrixiron o texto como podes ver na imaxe.
Por iso digo eu que ás veces sería millor estar calado.

11 comentarios:

  1. Home,polo menos rectificaron,non?
    Que pases un bon fin de semana chuliño!
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Vaia, agora está en castelán.

    ResponderEliminar
  3. que cara ten a xente nin cho agradeceron, pero polo menos correxírono. www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

    ResponderEliminar
  4. Sempre é mellor dicir o que se pensa, aínda a custa de que o resultado non sexa o esperado. Se o puxeron en castelán, alá eles. Mellor así que en galego mal escrito.Eva.

    ResponderEliminar
  5. A min me pasou algo similar pero cun xornal...Había un erro severo na información, mandeilles a corrección e nin a grazas..

    O que dis Paideleo que ás vecdes millor era calar

    ResponderEliminar
  6. Pois fixeches ben. Se no primeiro texto manifestaban unha ignorancia sobre a ortografía (desculpábel, que ninguén naceu ensinado), agora xa sabemos que son ignorantes desa outra ignorancia que non ten cura nen remedio.

    ResponderEliminar
  7. Anonymous Eva: ¿De verdade pensas que é mellor?

    ResponderEliminar
  8. Buff! o que había que facer agora era mandar unha chea de correos protestando e animándoos a que usen eses libros gordos que se chaman dicionarios.
    Hai xente que nin aprende nin lle interesa aprender,estou de acordo co que di Mario, aínda por riba non vai ser culpa túa, que o faxeche por ben.

    ResponderEliminar
  9. Faltoulles poñer Jornal 21. Rajoiadas

    ResponderEliminar
  10. Non queres caldo? pues siete tazas
    Eso é o que deberon de pensar cando leron o teu emilio

    ResponderEliminar
  11. Ainda que ande enleada coas miñas cousas nesta ultima tempada non te deixo de seguir. Bicos

    ResponderEliminar

És humano ti ?