Páxinas

xoves, 20 de marzo de 2008

Río Miño



Nestes días de case parón total no blogomillo mirei un vídeo dun garañón pelexando con lobos e resistíndose aos aloitadores dunha rapa das bestas.
Na vida real onte cruzamos a ponte de Tui con Valença a pé para evitar o atasco de coches. O día estaba soleado pero con aire e lembrei cando era pequeno que cría que río Miño significaba río Meu. Claro que daquela non sabía que o nome viña do latín " minium " pola cor vermella das súas augas carregadas de minerais.
Cousiñas que vai aprendendo un.

6 comentarios:

  1. Pois por polo meu pobo o río que pasa é o Sil, non sei a etimoloxía do nome, pero o que aquí había era ouro, que os romanos explotaron ben, Non hai máis que ver a paisaxe que quedou nas Méduas ou o Montefurado, por onde desviaban o Sil para coller o ouro.
    Apertas

    ResponderEliminar
  2. Eu pensaba achegarme onte a Valença, pero venceume a pereza e quedeime na desembocadura do Miño.

    ResponderEliminar
  3. nos estivemos hoxe por melgaço, leboreiro, as nenas agradeceron o aire bravo.

    ResponderEliminar
  4. O Rubio...quê bravura...quê orgulho...quê fermosura...

    ResponderEliminar
  5. É ben saber a etimoloxía do río-pai. Eu nunca me detiven a pensar no seu significado, quizais porque me explicaron nalgunha ocasión que os nomes da maioría dos ríos e montañas de Galicia eran de orixe prerromana e de significación opaca, tal o Sil, Ulla, Tambre...
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  6. rifo i de zeuquirne: os ríos son riqueza só coa auga que dan. Non me extraña que tivesen tanta importancia sempre.
    hormiga: pois fixeches ben que había xente que parecía un formigueiro ( sen facer burla do alcume ). Nós fomos obrigados.
    manel vázquez: son boas terras...mesmo co ese aire bravo.
    tangaranho: eu tamén quedei enamorado do cabalo ese.
    busto.agolada: a etimoloxía é unha arte case máxica e adiviñatoria e hai casos curiosos.

    Graciñas a todos.

    ResponderEliminar

És humano ti ?