Páxinas

venres, 4 de abril de 2008

Alberto Vázquez Figueroa

No verán de 2001 aproveitaba muitas das horas de calor despóis de xantar para ler nas escaleiras desta casa de Acedre. Daquelas a casa estaba abandonada e sen restaurar e eu lía sen molestias novelas de Alberto Vázquez Figueroa, un escritor que foi un ídolo para min muito tempo.
E onte ( bastante tarde, por certo ) enteireime de que deixa descarregar gratis a súa última novela e dá unha razón que me encantou: " En canto ao feito de ofrecelo gratuitamente en Internet teño claro que quen o descarregue na rede nunca mercaría a miña novela, ou sexa, prefiro que me lea gratis a que non me lea.
Tal vez a próxima vez se decida a mercar un libro anque non sexa meu. "

12 comentarios:

  1. Encántame esta xente que ten unha cabeciña que da tanto de si.
    Xa vexo, polo comentario no meu blog, que coñece vostede ben a nosa zona.
    Biquiños a Leo.

    ResponderEliminar
  2. Ten moita razón, vese que escribe por gusto non por cartos, é moi dificil atopar escritores así, non saberás onde podo descargalo. se o sabes dimo, por favor. saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Claro que está baixalo de balde pero se tes que imprimilo xa non é tan barato. Ler nunha pantalla non é o mesmo. Por certo, fai un tempo, escomencei a ler dous libros de Vázquez e non conseguín rematalos. Terei que intentalo outra vez.
    A casa da foto é moi do meu gusto
    Unha aperta, Pedriño.

    ResponderEliminar
  4. Esas escaleiras parécenme un sitio estupendo para ler. Eu tamén d moi nova, gustaba de ler nas escaleiras da casa vella da miña aboa, unha casa que estaba medio derruída e que hoxe amañaron (deus os perdoará polo arranxo que lle fixeron, porque eu non) n fin...
    Vou dscargar o libro inda que agora so teño tempo para estudar,
    Apertas.
    Por certo, ei contar a historia do meu nome.

    ResponderEliminar
  5. A casa é de apetite.
    Venho dizer-lhe que Ofir é o nome de uma povoação do Norte de Portugal!
    Feliz domingo.

    ResponderEliminar
  6. Que linda casa; un bo sitio para ler.

    ResponderEliminar
  7. Pois é sem dúvida uma razão inteligente.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  8. Pois é unha boa razón a que da. Penso que escribe por que lle gusta e non polos cartos que poda obter dos seus libros. Eu prefiro ante todo, mercar un libro que descargalo da rede. Supoño que é a costume de collelo, e poder ir a un lugar tranquilo e poder leelo submerxindome na historia que o autor está a contar.

    ResponderEliminar
  9. Tiven que mirar na rede a súa obra para ver se lera algo del. E lin polo menos un dos seus libros: Tuareg. Gardo un bo recordo del, pero isto foi hai moitos anos, hoxe non sei se me gustaría.

    ResponderEliminar
  10. Que alucine de casa...Hai recunchos ben fermosos para ler, pero este é impresionante. En canto ao de Vázquez Figueroa paréceme moi bo o seu razoamento..Beijinhos

    ResponderEliminar
  11. Acabasme de lembrar as escaleiras da casa da miña infancia onde eu pasaba tardes leendo,so tiñan un problema que eran de madeira vella e as veces algunha astela facía estragos na roupa e a miña nai reñíame...............
    saúdos.

    ResponderEliminar

És humano ti ?