Páxinas

luns, 7 de abril de 2008

Cambio climático



O tempo está tolo: onte fixo un día de praia e hoxe choveu a rabiar.

Na foto está a portada do número de marzo da revista Retranca que me fixo muita gracia. Espero que o cambio climático quede só no papel e non se faga realidade.

12 comentarios:

  1. O cambio climático non creo eu que vaia quedar en papel precisamente, eu creo que o imos sufrir ben sufrido, tes razón co do tempo, aquí pasou igual. Grazas por dicirme o do libro, non vira o enlace, agora xa só me queda lelo. saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Hoxe choveu a rabiar. De momento hai ríos, fontes e regatos pequenos e grandes.
    Un biquiño.

    ResponderEliminar
  3. COIDO (si che interesa confirmo) que vai ser este venres 11, ás 20:30 vai estar Kiko Cadaval en Redondela falando da revista A Retranca, por si che interesa coñecelo.

    ResponderEliminar
  4. Venho agradecer-te as palavras bonitas e comoventes que me deixaste.

    Um abraço.

    ResponderEliminar
  5. opino cama d´Agolada, moito me temo que non vai quedar só en papel, senón ti xa verás... nadie fai nada por evitalo, só se poñen a falar que se fan esto ou o outro e ao final non fan nada...xa veremos.
    www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

    ResponderEliminar
  6. Non vai quedar en papel. O cambio xa chegou e notouse ben este otoño que houbo follas nos arbores ata ben pasado mediados de novembro e arbores florecendo a principios de febreiro

    ResponderEliminar
  7. As dúas primeiras fotos son da plaia de Xilgar pero a outra de de Loira.

    ResponderEliminar
  8. Hehehe... está ben a portada. O mellor son as bolsas do "gladis", como dí unha tía-avóa miña.

    Dende logo, coincido con todos en que o cambio climático xa está en marcha, dende hai anos.

    Quen sabe. Con algo de sorte, a Natureza nos leva cara a unha nova glaciación.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  9. pois é mellor rir ca chorar pero o asunto xa vai tendo cada vez menos gracia: na cidade de Bos Aires tivemos nun ano dende granizo (non sei como se di en galego), unha turba, neve, días de mais de 42º, sequía, un case que diluvio e varios cataclismos mais que agora mesmo non lembro. E o malo é que non aprendemos nin o asumimos...

    ResponderEliminar
  10. Non sabía que lías "Retranca". No centro estamos subscritos, aínda que algún exemplar tivémolo que censurar (xa sabes... mulleres espidas e esas cousas)

    ResponderEliminar
  11. Que boa a portada. Non a coñecía, nin a revista por dentro. Haberá que buscala.

    ResponderEliminar
  12. Como sigamos así as camelias formarán parte do pasado, elas notan moitísimo o cambio.

    ResponderEliminar

És humano ti ?