Páxinas

luns, 14 de abril de 2008

O arco do trono e as reghateiras de Abril


Esta fin de semana houbo chuvias intermitentes con momentos de sol. Isto en Arbo chámanlle reghateiras de Abril. Tamén houbo momentos nos que saiu o arco do trono, nome con que se conoce o arco da vella. Eu quería fotografalo pero non o dei pillado. A ver se no futuro cazo un arco do trono.

A foto que poño é da interrede.

18 comentarios:

  1. Arco-iris lindo amigo.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  2. Cos teus escritos si que vou aprender ben o galego!
    Mais lias-me un pouco cos dichos,asimesmo son moi bonitos e poeticos :
    O arco do trono
    Reghateiras de Abril

    Bicos

    P.S
    Xa fixe o primeiro post en galego,cando queiras,pasate e corrixeme.

    ResponderEliminar
  3. Soa un pouco a orden,non?
    Non era a intencion,liome coa maneira de dexir as cousas...

    ResponderEliminar
  4. podería roubarlle a foto para unha idea que teño en mente??????????

    ResponderEliminar
  5. Preciosa foto e oportuno o fotógrafo.
    Pedro, claro que podes darlle difusión á Xuntanza de Agolada.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  6. O sabado apareceu on arco da vella dobre impresionate. Ia no coche e sin camara.
    Foi unha pena, estes dias a atmosfera anda un pouco revolta e tardarei repetir esa visión.

    ResponderEliminar
  7. Ai chegará a calor alghún día!!!!

    ResponderEliminar
  8. Pois non coñecía esoutra denominacón para o arco da vella.
    (Vai o home morrendo e a sua mente segue aprendendo...)

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  9. Boa foto a que pillaches

    ResponderEliminar
  10. eu creo que ó arco da vella non lle gustan as fotos.

    ResponderEliminar
  11. E sabes de onde vén o nome de arco do trono?

    ResponderEliminar
  12. Para min o arco de vella é un dos espectáculos mais fermosos da natureza. Ten algo máxico e onírico.

    ResponderEliminar
  13. Que curioso o do arco do trono... e que monárquico, hehehe.

    ResponderEliminar
  14. Tampouco nunca fun capaz de quitarlle unha foto ó arco da vella...

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  15. Grazas polos parabéns !

    Eu de pequena choraba porque quería pasar por baixo del e non podía ... agora río, porque sigo sen poder! Haha

    ResponderEliminar
  16. elvira carbalho: lindo si. Escollino das imaxes de google para " rainbow ".
    Boa semana tamén para ti.
    ana: alédome de que os meus escritos sirvan para algo.
    Tés razón cando dis que muitas palabras e ditos son bonitos e poéticos. Polo menos a min paréceme que si.
    vermella: rouba sen medo que a foto tamén é roubada.
    busto.agolada: xa me gustaría a min facer esa foto.
    Xa publicitarei a xuntanza cando haxa máis información.
    mueja: sabes que cando son dobres as cores cambian de posición coma se houbese un espello entre eles ?. Eu descubrín isto o outro día aínda.
    jan: chegará, si. Non teñas medo.
    chousa da alcandra: eu aprendina hai xa uns anos pero sigo aprendendo tódolos días.
    pau: pilleina na interrede en google images para " rainbow ".
    nébeda: faise esquivo, si. Aparte en días así de chuvia non se acostuma a levar cámara. Polo menos no meu caso.
    peke: terá que ver coas treboadas, non sei.
    o raposo: se non é o máis fermoso, anda cerca. Non me extraña que se crean lendas arredor del. Eu non teño claro aínda como se forman e ademáis en forma de arco.
    a do outro lado: nunca pensara no senso monárquico. Simpática asociación.
    enmeigada: para min é unha espiña que teño cravada aí. A ver se o consigo algún día.
    anuskinha:eu quería ir á súa base pero nunca fun capaz, claro.
    Penso que algún día o conseguiremos.

    Graciñas a todos polos comentarios e que o seguinte arco do trono vos dea o tesouro que tan nos pés.

    ResponderEliminar
  17. Estes días saín a diario coa cámara pero non tiven sorte, sempre sucede o mesmo cando hai algo interesante non tes os medios a man. Un saudo A.Cris

    ResponderEliminar
  18. Concordo co raposo. Sempre me aleda o día ver o arco da vella, ten algo máxico para min.
    E teño algunhas fotos del :-))

    ResponderEliminar

És humano ti ?