Páxinas

mércores, 30 de abril de 2008

Río Louro



Na imaxe está o Leo observando o río Louro ao seu paso por Vilaguindastre. Non se sabe a orixe do nome do río e pode vir dun sinónimo de pedra ou da cor das augas. Eu aventuro outra opción; ao millor o nome significa río revolto que é o que significa río louro para xentes da Limia baixa. Xentes que conservan algunha delicia da lingua como a forma ningures que había muitísimo tempo que non a escuitaba en boca da xente do pobo.

4 comentarios:

  1. O da toponimía e sen dubida moi curioso, é incrible saber en que se baseaban os nosos antepasados para nomear algo, non deixo de sorprenderme a medida que o vou coñecendo. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Eu sempre oín chamarlle "alouradas" ás augas dun río cando veñen revoltas e suxas. A forma "ningures" aínda teño escoitado en varios sitios (tamén en Silvaoscura), pero nunca oín, fóra do ámbito académico, a forma "xalundes" que me parece realmente fermosa e enigmática.

    ResponderEliminar
  3. Vaia, víñalle avisar doutro premio pero xa vexo que está cheo deles. Un biquiño a Leo e unha aperta para vostede.

    ResponderEliminar
  4. Aquí en Agolada aínda hai bastante xente que mantén vivos os termos algures e ningures. Ben fermosos e arcaicos.
    O de louro/loiro aplicámolo ao cabelo da cor do ouro.
    Apertas

    ResponderEliminar

És humano ti ?