DEITADO FRENTE Ó MAR...
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,deitada rente ó mar, ise camiño...
E aparte:
Gustoume esta poesía de Álvarez Blázquez cantada por un grupo porriñés.
E, por mediación de Eva, podo deixar unha ligazón ás Palabras Liberadas, onde len poemas diversas persoas e poden escuitarse versións musicadas de dous poemas de Xosé María Álvarez Blázquez.

Por certo, Paideleo, eu lin algo sobre ese CD que se fixo no Porriño con música de grupos da zona e letras de Álvarez Blázquez e máis con poemas de distintos autores (se non estou errada). Debe ser unha pasada!
ResponderEliminar!fermoso!
ResponderEliminarNon dei escoitado o clip de youtube. Pero en calquera caso aquí hai outro firme defensor da lingua galega, a que falo e na que escribo. Sen que esa defensa e uso do galego menoscabe o relevo que teñen as demais linguas das que tamén falo castelán e francés. Xa me gustaría saber tamén o inglés que che supoño e outras.
ResponderEliminarUnha aperta.
Eu quédome coa versión coral que fixo o músico e compositor porriñés, Antonio Paz Valverde. Por certo, que nese CD que editou o concello e que inclúe tamén a edición dalgúns textos (polo que vin), está tamén esta composición de Antonio Paz (que tiven o pracer de aprender e cantar cando formei parte da Coral do Porriño). Alégrome moito de que haxa iniciativas destas. Eva.
ResponderEliminarPodedes velo no seguinte enlace http://www.centroculturalporrino.com/BIBLIOTECA/ACTIVIDADES/PALABRASLIBERADAS/palabrasliberadas.htm
Gústame a imaxe da nave. É túa? Podo poñela no meu blogue?
ResponderEliminar