Páxinas

mércores, 7 de maio de 2008

Un rapaz con cabeza



Mentres trataba de recuperar fotos perdidas en safari fotográfico por Vilaguindastre adiante pilloume un compañeiro de choio. Este compañeiro caime ben. É un rapaz novo pero coa cabeza ben asentada e as ideas claras. Ten asumido que cobra o que cobra e non hai máis e que non hai que encapricharse por papaxadas caras que afunden a un en préstamos. Sacou o carné de conducir hai pouco e mercou un coche vello pero xeitoso e condúceo con toda calma. Encántanlle os coches antigos pero sabe que debe conformarse con posuilos só en fotos de revista. E non penses que é aburrido o rapaz. Que va !. Sabe desfrutar da vida e dicir cousas simpáticas como que a xente pouco espabilada ten menos luces ca un barco pirata.

8 comentarios:

  1. é que ás veces pénsase que os máis novos non temos cabeza... e non é certo!!!

    ResponderEliminar
  2. :D
    Ai que moço prendado! (como dizem os portugas)Que bem o vendes. :P
    E, mira, nom me saberás se já tem moça, ou? :P

    ResponderEliminar
  3. Pra que logo dighan que os xovenes non temos sentidiño :P. saúdos!!

    ResponderEliminar
  4. Os xovenes son o futuro, da alegria ver xente con sentidiño.

    ResponderEliminar
  5. Parece que dava um bom publicitário,verdade?
    Um abraço

    ResponderEliminar
  6. xuventude digna de posuír ese título. si.

    ResponderEliminar
  7. Hai xente que ten o don de caer ben. Un bico.

    ResponderEliminar
  8. Amigo Pedro: Pregúntasme se no Sobreiral pasa o cochiño do Leo. Na maior parte sí. Nalgún lugar concreto habería que collelo no aire. De todos xeitos quero ir mirar como está de limpo de vexetación o camiño. Xa cho confirmarei.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar

És humano ti ?