Páxinas

sábado, 24 de maio de 2008

Visita a Santiago

A nova importante de hoxe é o nacemento da filla de Ghanito e, dende aquí, quero desexarlles o millor para a familia.
Nós fomos a Santiago e puidemos pasear por parques das Fontiñas. Tamén puiden ir ata Librouro e Abraxas e mercar libros rapidamente porque o Leo está no momento que percorre todo e tira todo. Observei dous detalles curiosos en Santiago: o semáforo para peóns que aparte de pitar di a rúa que atravesa e que hai anuncios pegados no chan xa que os muros e postes están saturados.
Tamén visitamos o Museu Pedagóxido de Galicia e puiden admirar a evolución das escolas dende que eran escolas do ferrado ata a época franquista, pasando pola república.


Despóis de xantarmos o Leo quedou durmido e leveino no seu coche seguindo o camiño de Santiago dende As Fontiñas ata a Catedral. Fíxenlle unha foto coas Marías no paseo da Ferradura e logo fíxonos unha diante da catedral un turista inglés. De alí seguimos camiñando e pasamos pola escaleira das Praterías e o anxo da rúa Vilar e na fonte de Cervantes había un disfrazado de Chiquilicuatre cun grupo de amigos.
E así pasou o día, gozando do ambiente de Santiago cos seus turistas, os estudantes e os propios habitantes.


13 comentarios:

  1. Que viaxeciña tan aproveitada. Está ben interesante o enlace das Marías.

    Por certo, o Leo medra coma un campión.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Na miña terra sempre se pasa ben. O Leo está feito un homiño.

    ResponderEliminar
  3. Como medra o Leo,esta feito un homeziño.
    Fai tempo que non vou por Santiago,sempre fago a mesma ruta, e xa me aburre un pouquiño.
    Creo que por eso mesmo,porque sempre vou os mesmos lugares...

    Bicos

    ResponderEliminar
  4. grazas polos bos desexos e por lembrarte de nós :-)

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. algúns estudiantes conseguimos mimetizarnos un pouco cos propios composteláns. que morriña!!!
    que cidade tan linda...

    ResponderEliminar
  6. Santiago é sempre un lugar que namora. E vexo que adenais tivestes bo tempo. Daquela, seguro que foi unha xornada para lembrar.
    O Leo éche un mociño xa, está precioso.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  7. E o Leo está um homenzinho. E o pai todo babado com o filhote.
    Santiago é um belo local. Pena ser tão difícil estacionar. Ou pelo menos era quando lá fomos.
    Um abraço e resto de bom Domingo

    ResponderEliminar
  8. Que ben o pasastes os dous de "Rodríguez"!
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  9. Santiago é unha cidade que atrapa ,adóitase dicir que se entra chorando e sáese chorando

    ResponderEliminar
  10. ¡ Xa me queda menos!
    Ti sabes moi ben do que falo. Pasaches por elas, non si?
    Un dos meus sitios preferidos é o mercado de abastos, cando rompe o día e vai chegando a mercaduría.
    Bicos ao neno e aos pais.

    ResponderEliminar
  11. Ise neno está feito un mozo eh!
    Da gusto velo.
    apertas.

    ResponderEliminar
  12. Pasachelo ben polo que vexo, o teu peke debe ser moi tranquilo, xa o parece ata nas fotos non coma outros...jeje, corre que aínda cho han levar as vellas da praza, un Saúdo
    www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

    ResponderEliminar
  13. Que chea de cousas fermosas este post, paideleo! A viaxe, a familia de Ghanito e dende logo esas fotos nas que saides tan ben, sobre todo o pequeno. Como pasa o tempo!! ainda lembro a imaxe coa ecografía que daba conta da súa chegada...

    ResponderEliminar

És humano ti ?