Páxinas

venres, 13 de xuño de 2008

Servicios mínimos



A folga segue e son poucos os camións que se aventuran a saír. Como en todo hai clases e clases e se tés un camión ou dous de Transportes Manolo, por exemplo; a garda civil ou a policía non te acompañan. Pero se tés un feixe de camións xa tés escolta asegurada. Esta é unha proba máis de que non vivimos nunha democracia senón nunha plutocracia.

Na Torredocaminho dedicámonos a limpar, amañar e axeitar cousas. Iso si, hoxe saíron camións con pienso animal en servicio mínimo porque se non os animais morren á fame.

O pienso non é como a herba pero seguro que lles aproveita, coitados.

12 comentarios:

  1. Oxalá esté pequeno parón "biolóxico" da economía nos sirva para reflexionar e buscar novos horizontes.
    Fai uns días decíalle a un cliente que o home para ser feliz precisa máis poesía e menos cartos. Él, empresario e rico, doulle a cabeza e díxome ¡Anda Paco, vaí cóntallo a outro...!
    Apertas e bicos, Paidoneno.

    ResponderEliminar
  2. Canta razón ten!
    E iso é importante nun mundo no que o que importa é a cantidade :)
    Saúdos para Leo e os seus.

    ResponderEliminar
  3. Sempre manda a lei do mais forte, neste caso do que ten mais cartos.

    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Moi boa foto para representar a folga jeje. Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Hoxe saiu no telediario unha empresa que lle morreron un montón de galiñas e outras tantas que contaban que morreran tamén, todas de fame polo visto.

    A cousa xa pasa de castaño oscuro.

    ResponderEliminar
  6. Todo pasa, ata as folgas de empresarios.
    Por certo, mola a foto das vacas!

    ResponderEliminar
  7. Parece que agora tamén se poñen en folga os taxistas na Comunidade de Madrid.

    A ver se a cousa se vai solucionando!

    ResponderEliminar
  8. A ver se van facer folga as vacas, :P

    ResponderEliminar
  9. Onte atopei máis camións pola mañá que os outros días, ata pensei que de repente rematara a folga e eu aínda non me enterara, pero non...

    ResponderEliminar
  10. Por cá também tivemos greve de camionistas. E já estava faltando de tudos nos supers. Na 5ª Feira fui a 2 para comprar frutas e nem num nem noutro havia quase nada de frutas.
    Um abraço e Bom Domingo.

    À margem: os vídeos são-me enviados por amigos e familiares. E dão muito jeito quando eu não tenho tempo para um post decente.
    E Leo como vai?

    ResponderEliminar
  11. Se a crise é pola subida dos combustibles que saen do petroleo, digo eu: Por qué non empezan a investigar. Non sei. Facer barcos e camións híbridos que usen gasoil e paneis solares.

    ResponderEliminar
  12. Menos mal que teñen herba,As vacas son listas, nin folga nin nada.

    ResponderEliminar

És humano ti ?