A folga segue e son poucos os camións que se aventuran a saír. Como en todo hai clases e clases e se tés un camión ou dous de Transportes Manolo, por exemplo; a garda civil ou a policía non te acompañan. Pero se tés un feixe de camións xa tés escolta asegurada. Esta é unha proba máis de que non vivimos nunha democracia senón nunha plutocracia.
Na Torredocaminho dedicámonos a limpar, amañar e axeitar cousas. Iso si, hoxe saíron camións con pienso animal en servicio mínimo porque se non os animais morren á fame.
O pienso non é como a herba pero seguro que lles aproveita, coitados.
Oxalá esté pequeno parón "biolóxico" da economía nos sirva para reflexionar e buscar novos horizontes.
ResponderEliminarFai uns días decíalle a un cliente que o home para ser feliz precisa máis poesía e menos cartos. Él, empresario e rico, doulle a cabeza e díxome ¡Anda Paco, vaí cóntallo a outro...!
Apertas e bicos, Paidoneno.
Canta razón ten!
ResponderEliminarE iso é importante nun mundo no que o que importa é a cantidade :)
Saúdos para Leo e os seus.
Sempre manda a lei do mais forte, neste caso do que ten mais cartos.
ResponderEliminarBicos
Moi boa foto para representar a folga jeje. Unha aperta
ResponderEliminarHoxe saiu no telediario unha empresa que lle morreron un montón de galiñas e outras tantas que contaban que morreran tamén, todas de fame polo visto.
ResponderEliminarA cousa xa pasa de castaño oscuro.
Todo pasa, ata as folgas de empresarios.
ResponderEliminarPor certo, mola a foto das vacas!
Parece que agora tamén se poñen en folga os taxistas na Comunidade de Madrid.
ResponderEliminarA ver se a cousa se vai solucionando!
A ver se van facer folga as vacas, :P
ResponderEliminarOnte atopei máis camións pola mañá que os outros días, ata pensei que de repente rematara a folga e eu aínda non me enterara, pero non...
ResponderEliminarPor cá também tivemos greve de camionistas. E já estava faltando de tudos nos supers. Na 5ª Feira fui a 2 para comprar frutas e nem num nem noutro havia quase nada de frutas.
ResponderEliminarUm abraço e Bom Domingo.
À margem: os vídeos são-me enviados por amigos e familiares. E dão muito jeito quando eu não tenho tempo para um post decente.
E Leo como vai?
Se a crise é pola subida dos combustibles que saen do petroleo, digo eu: Por qué non empezan a investigar. Non sei. Facer barcos e camións híbridos que usen gasoil e paneis solares.
ResponderEliminarMenos mal que teñen herba,As vacas son listas, nin folga nin nada.
ResponderEliminar