Páxinas

martes, 10 de xuño de 2008

Silencio



Silencio. Esa é a sensación que me deixa a folga de camioneiros. Paseo co Leo e a estrada está valeira coma nun domingo e a calor e o silencio dominan os sentidos. Silencio que facía falla para cazar lagartos arnais cun lazo corredizo feito dunha herbeira de avea. Agora non cazo arnais pero necesito o silencio igual para facerlles unha foto. Gústame o silencio cando rebumbia na miña cabeza.

14 comentarios:

  1. Fermosa fotografia, fermoso o silencio,en esa zona tense que notar moito estes días.
    Un saudo

    ResponderEliminar
  2. Non é fácil captar a un lagarto arnau ou arnal como o que nos amosas aquí.
    Precísase silencio e paciencia e que o lagarto estea alí.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. O silencio é un ben cada vez máis raro e necesario. Gocemos del, aínda que sexa polas folgas.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. que chula a foto!
    hai tempo que nom vejo um arnal...
    saúdos!!!!
    madeingaliza

    ResponderEliminar
  5. A foto é unha pasada!! Ese silencio, aínda que sexa pola folga, ven ben. Tanto ruido agota a un.

    ResponderEliminar
  6. Pois aquí pouco se nota a folga, segue a haber o mesmo silencio de sempre, que tampouco esta mal. Unha aperta

    ResponderEliminar
  7. Aiquí tampouco hai máis silenzo que o que acostuma, pero si que e verdade que se agradece
    fermosa foto.

    ResponderEliminar
  8. a verdade e que non parara á pensálo pero tes razon e coma que falta algo...bicos

    ResponderEliminar
  9. Si que se nota o silenzo, si, e a desconxestión nas autovías e nas estradas, pero este é un silenzo triste, con raigames na miseria para outros.
    Anque este non me guste, eu case sempre teño fame de silenzo, precísoo igual ca o aire para respirar, e cada ano máis.

    ResponderEliminar
  10. Tes moita razon....Eu as veces boto moito de menos O silencio, só a voz do meu interior conmigo mesmo. POr iso gustame tanto a bici, ...andar so, contarse a un mesmo como o mellor e mais entregado dos publicos, todo aquelo que se te ocorre en cada momento.
    O silencio, como ausencia de todo son exterior, e impagable.
    Tamen unha palabra amiga.
    A foto e fantastica, sintoo pero xa che aviso, de que voucha roubar....

    ResponderEliminar
  11. Ese sí que é un lagarto, lagarto.

    ResponderEliminar
  12. A importancia de que o lagarto esté presente para facer a foto é vital. Ten toda a razón o Sr. Busto, coma sempre, vamos, jeje
    A foto é boísima.

    ResponderEliminar
  13. como se fai o lazo con herba de avea? quedei con curiosidade...a nós o avó nunca nos deixaba caza-los porque seica che botabam o aire.

    ResponderEliminar
  14. Engraçado. Meu irmão também caçava lagartos assim quando era miúdo.
    A fotografia está linda.
    Um abraço

    ResponderEliminar

És humano ti ?