Páxinas

luns, 14 de xullo de 2008

Cíes e a lenda do Boto


Onte fomos ás illas Cíes. Logo de xantar fomos camiñando ata o faro das Cíes e logo ata o faro da Porta. Na praia de Rodas corría aire así que nos bañamos na praia da Nosa Señora. A auga estaba fría como de costume. Ía connosco un familiar brasileiro e contounos a lenda do Boto, que é o golfiño do Amazonas. Di a lenda que nas noites de lúa chea transfórmase nun mozo xeitoso que baila mui ben e que é encantador. Leva un sombreiro para tapar o buraco por onde respira. Nos bailes namora as mozas e acaba por engravidalas e o Boto é o culpable dos embarazos non desexados da zona.
Gustoume a lenda e a estadía na illa.
Dende o barco de regreso víase a excavadora que está a tirar o monolito feito por Franco.

7 comentarios:

  1. Vaites co Boto! O monolito xa tiña que estar tirado, desde o dia seguinte da morte do golpista dictador asesino.Saúdos

    ResponderEliminar
  2. por sorte hoxe ven na prensa que xa foi tirado ao segundo intento,dende o 2007 que entrou a lei da memoria xa ia en tempo.
    preciosa a lenda do Boto.
    bicos e un a maiores para o Leiño.

    ResponderEliminar
  3. Con todas as lendas que se de Galicia e esta non a conocia,es preciosa.
    Menuda excusa pras mozas,eh!

    Bicos

    ResponderEliminar
  4. I eu que nunca estiven en Cies, e quedame aí o lado coma quen di... e en cambio estiven centos de veces en Ons que me queda na outra punta... Un saúdo!

    ResponderEliminar
  5. Xa era con tempo que o tiraran, tanto polo que significaba, como polo impacto visual que lle daba a isla. E como se resistiu, no primeiro intento só se ladeu un pouquiño.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  6. oi...tou mesmo repensando o de ir á praia esta tarde...

    ResponderEliminar
  7. E comiches no bar do serafín ou de bocatas no monte? Eu estiven o ano pasado e aínda estou cansa daquela camiñata ata o faro. Menuda calor facia aquela tarde! O mellor foi pasarme logo unhas horas á sombra das árbores bebendo cervexa ben fría.

    ResponderEliminar

És humano ti ?