Páxinas

mércores, 30 de xullo de 2008

Foto de documental



Sempre me gustaron os documentais de animais e lembro as imaxes de búfalos africanos con paxaros ás costas eliminándolles parásitos. Pero non foi ata o ano pasado que puiden facer esta foto de ovellas deitadas aproveitando a sombra e unhas pegas por riba delas limpándolles os parásitos. E é que hai veces que non se ten que ir lonxe para ver imaxes curiosas.

8 comentarios:

  1. E seguro que as ovellas non estaban mortas? Mira que as pegas son carroñeiras.

    ResponderEliminar
  2. se nom estavam mortas vaia santa paciencia para esperar a que todas e cada uma estivessem deitadas a pleno dia. beijos.

    ResponderEliminar
  3. Cando eu era nena e escoitábamos rondar as peghas, íamos correndo a meter os pitiños.

    ResponderEliminar
  4. Non, non fai falta ir moi lonxe para fotografiar as riquezas da vida.

    Di o meu profesor de fotografía que algúns fotógrafos famosos, van a Afganistán ou ao Líbano a fotografiar a tristeza porque alí coa guerra de fondo é máis doado, eses mesmos fotógrafos non saberían fotografiar a tristeza dun neno por que lle caeu o xelado ao chan (non todos, claro).

    E tí con esta foto estás aprobadísimo, como soubeches captar un instante interesante da vida sen ter que ir ver á selva, como un león se enfrenta a unha cebra.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. e volta ás ovellas...

    Bufff; eu farteime de ver eses documentais do "león cazando á gacela"

    ...a gacela corría, o león perseguía...

    enfin...

    Saúdos

    ResponderEliminar
  6. qUE BUNITO O QUE DÍ mER, BUENO, OU O QUE DICÍA O SEU PROFE!

    Bo comentario Mer.

    E di paideleo, non fai falla ir moi lonxe e ti máis eu o sabemos1
    jiji!

    ResponderEliminar
  7. Moi boa a foto, eche ben verdade, con paciencia e sorte, na nosa zona pódense sacar fotos fermosas e atípicas.
    Parece que vai de ovellas a cousa, xa sería a leche topalas no video da Prehistoria.

    ResponderEliminar

És humano ti ?