
Hai conceptos abstractos que por seren iso precisamente, non teñen unha imaxe real. Nestes casos é mui difícil asignarlle unha imaxe a conceptos como gratitude, frío ou calor, por exemplo. Por iso, nestes días de calor abafante non dubidei en fotografar as fiestras da veciñanza que se abren na noitiña como se as vivendas quixeran respirar aire fresco despóis dun día de lume. Esta sería para min unha imaxe de calor abafante.
E agora, cal sería a túa ?.
Eu sacaria unha dentro da casa e coas presianas baixadas....minha casa estos días parece unha cova,jeje
ResponderEliminarBicos
a miña imaxe da calor é a tal hora as mosquiteras abaneando co aire do ventilador á noitiña :D
ResponderEliminarque gustiño cando levas todo o dia coas fiestras baixas e a noite abres todo pra que entre ese fresquiño nocturno que da a vida nestes meses de vrao!!!!(e unha cervexiña, como non!)
ResponderEliminarXa vos mostraremos algunhas das fotos da viaxe que emprendemos mañá. Imos cara ao sur, así que raro será que non faga calor, aínda que non sei se tanta como aquí estes días.
ResponderEliminarUnha aperta.
...coa calor destes días boa falta fai...
ResponderEliminarUnha foto de un ventilador funcionando, ou alguén cun abanico, ou bañandose nunha piscina, serían fotos refrescantes, pero a vez podería imaxinarse o calor que fai.
ResponderEliminarPois nada, a refrescarse que apetece.
Boa imaxe. Eu ca calor destes días casi facía unha foto a min mesma sudando coma un cerd... aínda que te duches vinte veces no día. Onte estivemos a 33 grados, e no interior eso é moitooooooo, abrasante, non hai quen poida durmir con tanta calor.
ResponderEliminarFoto de calor??? alguén cunha botella de auga moi fría nunha man e un abanico na outra.
ResponderEliminarunha boa imaxe que representa a calor
ResponderEliminara terraza ao sol. beijos
ResponderEliminarPois aínda non é moi sinxela a historia, non sei, tal vez unha destas nas que se aprecia o calor saíndo do asfalto nunha estrada. Saúdos
ResponderEliminarpois eu son malísima facendo fotos. De xeito que quedo coa tua que é moi moi boa.
ResponderEliminarPara min unha imaxe da calor sería unha desas en que a calor parece facer ondas nas imaxes de desdibuxaas.
ResponderEliminarOutra sería a duns labregos cheos de pó da herba seca sentados á sombra dun carballo a mediodía e suando.
Apertas e ata loguiño