Páxinas

luns, 21 de xullo de 2008

Pericas e pericos



Onte o Leo desfrutou mirando pastar unhas ovellas en Arbo. Despóis apareceu na conversa a palabra " pericas " como definición de ovellas cando eu pensaba que eran cabras. Como tiña as miñas dúbidas hoxe preguntei no choio a un compañeiro de Salceda e dixo que " Para nós as ovellas son ovellas e as cabras son cabras. Iso si, nós dicimos pericos de cabalo ou de burra á merda dos cabalos e dos burros ". E así, sen querer, saiu unha nova palabra escatolóxica para engadir.

9 comentarios:

  1. Outra casualidade, hoxe tamén nombro as ovellas no meu. Apertas

    ResponderEliminar
  2. Pois si que é casualidade, eu teño un post pendiente sobre ovellas, só me faltan as fotos.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Sempre les chamei ovellas e cabras,o de perico e novo pra mim!

    Bicos

    ResponderEliminar
  4. eu sempre pericas ás cabras. vaia parece que os astros nos inducen a fugar nas ovellas esta semana.

    ResponderEliminar
  5. Aquí ás ovellas tamén se lles di retas (co "e" pechado). Ás cabras chivas; pero non escoitara o de pericas

    ResponderEliminar
  6. Pra liala máis, decivos que na minha casa empregamos a palabra "perica/o" co significado de "boa peza", alguén traveso é un "perico". ;)

    ResponderEliminar
  7. Estabamos un día comendo troitas (ou cousa semellante) nun restaurante perto D´O Porto do Són,parte dos amigos de Sacou; Ramón Blanco, Fravernero, Joe e mais eu.

    A carón nosa, unha familia de turistas españois e a través da xanela, lá no fondo, seis ou sete ovellas coas suas crias.

    Dí un dos nenos da familia turista.
    --Papá papá, que bicho es ese?
    e contesta o pai:
    --Es un ternerito hijo, un ternerito.

    ...lembro a forma na que Moncho escupeu parte da cervexa que estaba tomando, por non poder aguantar a gargallada...

    --Meu deussss!!! Un ternerito!!! Un ternerito!!! ...se é un carneiro como a copa dun pino!!!

    (eis unha anécdota basada en feitos reais que sempre conto e que me regresou á mente ao ollar esta foto)

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  8. ah, esquecía, pola banda de ourense tamén se lle chama carruxo ó año

    ResponderEliminar
  9. o dos pericos de cabalo (ou do que sexa, coma bosta) non o sentira nunca!
    pero polos arredores da miña parroquia en Silleda, chámanlle pericas ás ovellas (ás veces tamén ás cabras, cando o rabaño é mixto)

    ResponderEliminar

És humano ti ?