
Hoxe o Leíño chegou aos vintedous meses con algúns avances dende o mes anterior. O naipelo xa ampliou algo máis o vocabulario e, de feito, aprende palabras case tódolos días. Gústalle o petit de chocolate e xa pregunta por el dicindo " coco ". Como non lle queremos dar muitos dicimos que non hai e el xa di " coco " e arrandea a cabeza negando. Dos monecos e peluches que ten hai un que é un moneco dun neno deportista e el pregunta por " quiqui " que se chama Quique. Logo a Epi chámalle " pipi ". E xa vai dicindo " mamá " dende que o reaprendeu nas Cíes. Físicamente está grande e case lle saíron tódolos caninos. Anda ben e corre un pouco pero é un medento subindo e baixando escalóns. É bastante tranquilote e tímido e algo mangoeiro que non quere comer pola súa man.
E así vai.
O Leo ten pinta de home formal. A ver se non se torce.
ResponderEliminarUnha aperta.
ui...agora já nom parará de falar até pidades papas...beijos.
ResponderEliminar¡Está ben crecido! e como din por ahí agora xa non parará de falar, jajaj.
ResponderEliminarUn saúdo.
Pois felicidades Leiño! E a ver se empezas a preparar a festa do teu segundo cumpreanos, e nos convidas a todos os que, gracias o teu pai, seguimos pasiño a pasiño os teus avances.
ResponderEliminarO dito, felicides e apertas moi agarimosas para teus orguiosos pais.
Fdo: Un que tampouco é do blogomillo.
Hai que ver como pasa o tempo; ainda semella que foi onte cando esperabades por él nos EEUU.
ResponderEliminarXa te lo dixe unha vez,cando empeze a falar no terminara,jeje
ResponderEliminarVese que e un neno tranquilo,que sorte a tua,os meus sairon todos electricos.
Bicos
Estase a convertir nun mozote ben guapo.
ResponderEliminarPalabras non lle han de faltar ao neno. Na casa ten un saco delas, non si?
ResponderEliminarDisfrutao cada día, medran deseguida.
Apertas para os dous.
eu estou alucinada coa incrible aprendizaxe da sabela que está a sorber o mundo a mighalliñas de palabras, e nin che conto o que teño que correr detrás dela, total, que ao cabo do día estamos que non podemos coa alma, pero felices de vela medrar
ResponderEliminar¡Animo! xa falta pouco para cumprir eses dous anos e presentar á noiva
ResponderEliminar