Páxinas

domingo, 24 de agosto de 2008

Amigos e furanchos



Onte ceamos cuns amigos e hoxe xantamos con outros. Onte foi na casa deles e hoxe nun furancho. O mal tempo e a retirada súpeta e sen preguntar dos pratos de comida foron dous aspectos negativos pero a boa compaña e o cambio de aires compensou todo.

A foto é unha vista da ría de Vigo dende o furancho trucada usando picnik.

13 comentarios:

  1. Eu o que non soporto e que tarden moito en retirarmos despois de rematar. Se alguén o fai denantes...corre verdadeiros ríscos de am-puta-ción.
    Non sabía que che gustaba distorsionar a realidade, sempre pensei en ti nitidamente :-)

    ResponderEliminar
  2. Xa me enviciache co Picnick ese hahahaha

    ResponderEliminar
  3. Parece que temos a axenda apertada, eh? A ver se o Leo atura o ritmo.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Pois a min o dos furanchos non me vai moito........

    ResponderEliminar
  5. Eu estou con Veca, os furanchos non son o meu. Saúdos

    ResponderEliminar
  6. A boa compaña é o máis importante, despois de todo.
    Anque sexa un bocadillo, cos amigos sabe a gloria :-)

    ResponderEliminar
  7. Ora bem andamos numa de conviver. Fazem muito bem. Ninguém é uma ilha, todos precisamos de amigos.
    Tudo de bom para vós e como suponho que está de férias, boas férias
    Um abraço

    ResponderEliminar
  8. Hai furanchos hoxe en día que son verdadiros restaurantes, para mín perderon a razón de ser que tiñan antigamente, vender o viño sobrante a chiquitas con algún pinchiño para que baixara millor.

    ResponderEliminar
  9. encántame isto dos furanchos

    na miña aldea, preto de Santiago, non os coñecen, "non se estilan"

    que si é legal... que si é ilegal... que son competencia desleal...

    a mín gústanme

    o Leo co grande que está, seguro que sí atura o ritmo

    bicos

    ResponderEliminar
  10. Eu estou con silvana.....A foto encantoume, e quedei con ela para o meu archivo particualr, se non tes inconveniente.
    O dos furanchos.......Pasalo cos amigos.

    ResponderEliminar
  11. A mi me encantan os furanchos, e mais as tapas que poñen.
    Que fame entroume,jeje

    Bicos

    ResponderEliminar

És humano ti ?