Páxinas

sábado, 16 de agosto de 2008

Leo pachuchiño


O Leo estivo o outro día con febre e escagarriado pero hoxe estivo bastante ben e sen febre, un pouco rallante pero ben. Supoñemos que será cuestión das moas e que millorará mañá.
Dá un pouco de mágoa miralo con eses ollos longos, con choromicadas inesperadas e coas horas de durmida entolecidas pero son cousas que teñen que pasar. Dende logo que prefiro o Leo do outro día cando lle preguntei se quería zume ou auga e el respondeume, no seu ensaio cotián de palabras: cu-ba-ta.

13 comentarios:

  1. Ata os rapazes se preocupan da realidade cuba-na :-)
    Só os pais somos conscentes do noso padecemento fronte as debilidades dun cativo. A súa cara sempre é un espello da alma. Se cantan cantamos, se choran , choramos...
    Unha aperta de vitaminas.

    ResponderEliminar
  2. hahahaha, pois si que empeza pronto! vaia adolescencia vos espera hahahaha

    Até que un non ten fillos non sabe o que significan eses ollos verdade? e o que doen!
    Alédome de que estea mellor :)

    ResponderEliminar
  3. Grazas pola túa benvida no meu blog. Non teño fillos pero si 3 sobrinos de 20 meses e 3 anos e mira que río coas súas ocurrencias. O do cubata é incrible, jeje.
    O meu sobriño en vez de ir "de puntas" vai "de putas". Xa ves.....

    ResponderEliminar
  4. Hai quen dí que o alcool é bó para mitigar a dor, pero o do cubata...

    Saúdos, e que se millore

    ResponderEliminar
  5. Unha aperta saudable e enerxética para a recuperación do Leo.

    :)

    ResponderEliminar
  6. Está moi guapo. Espero que se mellore axiña.

    ResponderEliminar
  7. pronto se ha poñer ben de todo! tan de pequeno e xa pide un bu-ba-ta? :P saúdos!!!!

    ResponderEliminar
  8. Teñen moitas "voltiñas"; pero tan axiña como se poñen maliños, tamén rebechan de contado.
    E si, da moita peniña velos cos olliños cansos e parados.
    Unha aperta para él e outra para vos

    ResponderEliminar
  9. Graciñas a todos polo apoio.
    O Leo está recuperándose paseniñamente.

    ResponderEliminar
  10. Que ar tão tristinho tem o Leo.
    Espero que se recupere rápido, para que o sorriso volte a animar o seu rostinho lindo.
    Um abraço e uma óptima semana

    ResponderEliminar
  11. Aínda así pachuchiño está para comelo de guapo... Espero que xa estea recuperado. ¡Dende logo, que momentos dan os nenos! Á mínima que vos despistedes monta un botellón na guarde!!

    E xa sabedes... ¡paciencia! Moitos aproveitamos cando estamos maliños pa recibir unha dose extra de mimos ;)

    Biquiños

    ResponderEliminar
  12. No momento en que escribo este comentario espero que o Leo estea ben e dándoche moita guerra. Vémonos a fin de semana.

    ResponderEliminar
  13. jeje, vexo q xa o leo anda a faceras súas!
    alegrome que xa ande a amosar outros olliños!

    ResponderEliminar

És humano ti ?