Páxinas

sábado, 27 de setembro de 2008

Dous anos e sorpresa !






Pois hoxe o naipelo fai dous anos e podemos dicir que o dito " un ano andante, dous anos falante " ten razón co Leíño pois xa fala bastante. Repite tódalas palabras que se lle din anque ao seu xeito, está claro. Falla co " l ", " rr " e coas palabras longas e os grupos consonánticos. E aparte ten unha chata curiosa pois non pronuncia, de momento, o " e " que o di " a " ou " i ". Di perfectamente mono ou patata pero o seu nome é " ío " e un avó é " piro " e outro " pocho ". Os Simpson son " sixo ", Mickey e Vicki son " Piki " os dous e ten unha xirafa " fafa ". Para galleta di " teta " ( a única palabra que di con " e " ) e a teta é " tita ".


Hoxe pasouno en grande cos curmáns e algúns amigos máis e os maiores tamén o pasamos ben desfrutando en Arbo dun serán morniño de fin de setembro máis agradable que muitos días deste verán.


No brinde brindei por Leo e por nós todos e deixei caír a sorpresa bomba de que o Leíño espera un irmán... ou irmá.

44 comentarios:

  1. parabéns ao leiño e aos seus pais :)

    ResponderEliminar
  2. parabéns, da gusto ver como a familia vai medrando. Seguro que o Leo vai ser un bo irmán maior :)

    ResponderEliminar
  3. NORABOA!!! xa terá con quen xogar, apertas!

    ResponderEliminar
  4. Parabéns!
    Agora vexo por que traballas tanto na vendima: para aforrar e ter cartos para a familia, que medra e medra...

    Moitos saúdos.

    Antón.

    ResponderEliminar
  5. Pois moitas felicidades para o leíño, sen dúbida mereceas. Unha aperta

    ResponderEliminar
  6. P A R A B E N S!!!, É unha boa nova.

    Unha aperta.
    :)

    ResponderEliminar
  7. !Felcidades! esto si que es una sorpresa, nos alegramos mucho por vosotros y por Leo y para el un beso muy grande por su cumpleaños, tiene un regalo en nuestra casa, si podéis, venir una tarde cualquiera, o ya os lo mandaremos por Ines o Cris
    ¡Felicidades! ¡Felicidades! ¡Felicidades!

    ResponderEliminar
  8. Manda carallo!!!

    ...e solucionará o mantedor deste blog o problema demográfico galego???

    Parabéns en todo caso

    ResponderEliminar
  9. Noraboa!
    jejej, vaia sorpresa, e que alejría!
    Pois agora a ver como mudas o nome do blogue! Haberá cambio?

    ResponderEliminar
  10. Que guai, outro bebé, parabéns! :D :D

    ResponderEliminar
  11. Vos sempre asi eh, de sorpresa en sorpresa... Noraboa!! .... Isto... temos que vernos xa, eh?
    Cris y Toño

    ResponderEliminar
  12. Parabéns ao Leo pelo aniversário e pelo maninho que vem a caminho.
    Ter um filho é uma benção divina, imagine dois.
    Um abraço e parabéns também para si e sua esposa.

    ResponderEliminar
  13. Noraboa, ao pequeno e a vos os dous, así logho cheghamos aos tres millóns!

    ResponderEliminar
  14. Parabens gran pai (e ao leo tamén)

    ResponderEliminar
  15. Noraboa paideleo!!!!!!

    Os nenos

    ResponderEliminar
  16. O Leo pode estar de noraboa, polo aniversario e polo irmán, que segundo unha definición bastante acertada é sempre un amigo mque nos dá a natureza.
    Felicidades aos tres e gozade destes meses de cambios e de espera.
    Unha aperta moi grande.

    ResponderEliminar
  17. Parabens o Leo e os pais.
    Dame a min que ti o que queres é conseguir as axudas esas que da a xunta por familia numerosa, pillabán!

    ResponderEliminar
  18. Unha noticia ben cheiña de ledicia!!!.
    O Leo vai disfrutar moito, pero quen mais grande beneficio vai atopar en seu irmán é a irmaciña (dame a min o corpo que vai ser nena!).

    Parabéns

    ResponderEliminar
  19. OHHH!!!! parabéns pra o Leo e pra vos tamén!!! ;)

    ResponderEliminar
  20. alaaaaaaaaaaaaaaa!!!
    Os meus parabéns!! :)

    ResponderEliminar
  21. Pois, se ao pai non lle parece mal podemos facer cada un o seu prognóstico para o irmán/irmá de Leo.

    Eu voto porque é outro varón ;-)

    Saúdos.

    Antón.

    ResponderEliminar
  22. Noraboa. E como farás?. Un novo blog? ou van compartir o de Leo como bos irmáns?.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  23. Non te queixarás da cantidade de felicitacións que tes. A que dan ganas de ir por outro?
    Pasámolo moi ben o sábado, sobre todo os rapaces.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  24. parabéns!!! noraboa pela nova tam estupenda...
    o dos pronogsticos é assim complicado sem ver a tripinha...
    beijoooosss enormes!

    ResponderEliminar
  25. moitísimos parabéns!!!
    Leo está ben crecidiño e fermoso e como os dous meus vanse levar pouco e eso é boísimo para crialos...
    bicos.

    ResponderEliminar
  26. oooooooh, cantas novidades! Parabéns ó Leo, ó Paideleo e tamén á Naideleo, claro.

    ResponderEliminar
  27. Dalle as felicidades da miña parte, e si que volvo a escribir. Saudos de Fátima.

    ResponderEliminar
  28. pois parabéns!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! pra leo e pra toda a familia!!!!

    ResponderEliminar
  29. Parabéns, parabéns. Esperemos que o Leo leve ben a chegada dun irmán.

    ResponderEliminar
  30. Moitas grazas polo "serán" que do sábado. Pasámolo todos moi ben e iso que faltou bailar...
    Iso si, o mellor foi cando brindamos e a AvoaM case atraganta coa sorpresa... Parabéns.Eva.

    ResponderEliminar
  31. Noraboa, e o millor que podedes facer, dous bastante seguidiños. No meu caso cando fomos a polo segundo o maior xa tiña 11 anos, e ven sen un voltar a empezar.
    Dous seguidos, darán un pouco máis de traballo, pero só uha vez.

    Aparte agora poderás disfrutar de baixa de paternidade, 15 días no nacemento,... "Unha morea de axudas"

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  32. ¡Noraboa! Un irmán é seguramente un dos mellores agasallos que o Leo podería recibir, e vos tamén.
    ¡Un millón de parabéns!

    ResponderEliminar
  33. felicidades dende madrid.

    Noraboa os pais por partida doble, polo cumpreanos do leiño e pola nova noticia.

    Moitos bicos de david, mon e maria

    ResponderEliminar
  34. Parabéns Paideleo!!

    ResponderEliminar
  35. Felicidades, Leíño. Xa vai feito un homiño.

    ResponderEliminar
  36. Magnífica nova. Parabéns a Leo polo aniversario e polo que vén de camiño. Saúdos.

    ResponderEliminar
  37. Parabéns para Leo que xa é todo un homeciño, e para vós...por outro cachorriño.

    un bico para leo, e un abrazo para os pais.

    ResponderEliminar
  38. Vivaaaaaaaaaaaaaa!!

    Beijosmil!!

    ResponderEliminar
  39. Graciñas a todos pola mostra de cariño !.
    Seguro que o Leo e nós imos ser felices co novo membro da familia.
    Graciñas de corazón.

    ResponderEliminar
  40. Noraboa polo novo ano e máis polo novo irmán ou irmá!!!

    ResponderEliminar
  41. ¡vaia noticia bomba!, parabéns polo aniversario de leo e tamén por ampliar a familia, que recuncar cun pequerrecho sempre é motivo de ledicia. unha aperta.

    ResponderEliminar

És humano ti ?