
Pois hoxe o naipelo fai dous anos e podemos dicir que o dito " un ano andante, dous anos falante " ten razón co Leíño pois xa fala bastante. Repite tódalas palabras que se lle din anque ao seu xeito, está claro. Falla co " l ", " rr " e coas palabras longas e os grupos consonánticos. E aparte ten unha chata curiosa pois non pronuncia, de momento, o " e " que o di " a " ou " i ". Di perfectamente mono ou patata pero o seu nome é " ío " e un avó é " piro " e outro " pocho ". Os Simpson son " sixo ", Mickey e Vicki son " Piki " os dous e ten unha xirafa " fafa ". Para galleta di " teta " ( a única palabra que di con " e " ) e a teta é " tita ".
Hoxe pasouno en grande cos curmáns e algúns amigos máis e os maiores tamén o pasamos ben desfrutando en Arbo dun serán morniño de fin de setembro máis agradable que muitos días deste verán.
No brinde brindei por Leo e por nós todos e deixei caír a sorpresa bomba de que o Leíño espera un irmán... ou irmá.
parabéns ao leiño e aos seus pais :)
ResponderEliminarparabéns, da gusto ver como a familia vai medrando. Seguro que o Leo vai ser un bo irmán maior :)
ResponderEliminarNORABOA!!! xa terá con quen xogar, apertas!
ResponderEliminarParabéns!
ResponderEliminarAgora vexo por que traballas tanto na vendima: para aforrar e ter cartos para a familia, que medra e medra...
Moitos saúdos.
Antón.
Pois moitas felicidades para o leíño, sen dúbida mereceas. Unha aperta
ResponderEliminarP A R A B E N S!!!, É unha boa nova.
ResponderEliminarUnha aperta.
:)
!Felcidades! esto si que es una sorpresa, nos alegramos mucho por vosotros y por Leo y para el un beso muy grande por su cumpleaños, tiene un regalo en nuestra casa, si podéis, venir una tarde cualquiera, o ya os lo mandaremos por Ines o Cris
ResponderEliminar¡Felicidades! ¡Felicidades! ¡Felicidades!
Manda carallo!!!
ResponderEliminar...e solucionará o mantedor deste blog o problema demográfico galego???
Parabéns en todo caso
Noraboa!
ResponderEliminarjejej, vaia sorpresa, e que alejría!
Pois agora a ver como mudas o nome do blogue! Haberá cambio?
Que guai, outro bebé, parabéns! :D :D
ResponderEliminarVos sempre asi eh, de sorpresa en sorpresa... Noraboa!! .... Isto... temos que vernos xa, eh?
ResponderEliminarCris y Toño
Felicidades!
ResponderEliminarParabéns ao Leo pelo aniversário e pelo maninho que vem a caminho.
ResponderEliminarTer um filho é uma benção divina, imagine dois.
Um abraço e parabéns também para si e sua esposa.
Noraboa, ao pequeno e a vos os dous, así logho cheghamos aos tres millóns!
ResponderEliminarParabens gran pai (e ao leo tamén)
ResponderEliminarNoraboa paideleo!!!!!!
ResponderEliminarOs nenos
O Leo pode estar de noraboa, polo aniversario e polo irmán, que segundo unha definición bastante acertada é sempre un amigo mque nos dá a natureza.
ResponderEliminarFelicidades aos tres e gozade destes meses de cambios e de espera.
Unha aperta moi grande.
Parabens o Leo e os pais.
ResponderEliminarDame a min que ti o que queres é conseguir as axudas esas que da a xunta por familia numerosa, pillabán!
Unha noticia ben cheiña de ledicia!!!.
ResponderEliminarO Leo vai disfrutar moito, pero quen mais grande beneficio vai atopar en seu irmán é a irmaciña (dame a min o corpo que vai ser nena!).
Parabéns
OHHH!!!! parabéns pra o Leo e pra vos tamén!!! ;)
ResponderEliminaralaaaaaaaaaaaaaaa!!!
ResponderEliminarOs meus parabéns!! :)
Pois, se ao pai non lle parece mal podemos facer cada un o seu prognóstico para o irmán/irmá de Leo.
ResponderEliminarEu voto porque é outro varón ;-)
Saúdos.
Antón.
Noraboa. E como farás?. Un novo blog? ou van compartir o de Leo como bos irmáns?.
ResponderEliminarUnha aperta.
Non te queixarás da cantidade de felicitacións que tes. A que dan ganas de ir por outro?
ResponderEliminarPasámolo moi ben o sábado, sobre todo os rapaces.
Unha aperta
parabéns!!! noraboa pela nova tam estupenda...
ResponderEliminaro dos pronogsticos é assim complicado sem ver a tripinha...
beijoooosss enormes!
moitísimos parabéns!!!
ResponderEliminarLeo está ben crecidiño e fermoso e como os dous meus vanse levar pouco e eso é boísimo para crialos...
bicos.
oooooooh, cantas novidades! Parabéns ó Leo, ó Paideleo e tamén á Naideleo, claro.
ResponderEliminarDalle as felicidades da miña parte, e si que volvo a escribir. Saudos de Fátima.
ResponderEliminarParabéns a Leo. Bicos.
ResponderEliminarpois parabéns!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! pra leo e pra toda a familia!!!!
ResponderEliminarParabéns, parabéns. Esperemos que o Leo leve ben a chegada dun irmán.
ResponderEliminarMoitas grazas polo "serán" que do sábado. Pasámolo todos moi ben e iso que faltou bailar...
ResponderEliminarIso si, o mellor foi cando brindamos e a AvoaM case atraganta coa sorpresa... Parabéns.Eva.
Noraboa, e o millor que podedes facer, dous bastante seguidiños. No meu caso cando fomos a polo segundo o maior xa tiña 11 anos, e ven sen un voltar a empezar.
ResponderEliminarDous seguidos, darán un pouco máis de traballo, pero só uha vez.
Aparte agora poderás disfrutar de baixa de paternidade, 15 días no nacemento,... "Unha morea de axudas"
Un saúdo.
¡Noraboa! Un irmán é seguramente un dos mellores agasallos que o Leo podería recibir, e vos tamén.
ResponderEliminar¡Un millón de parabéns!
felicidades dende madrid.
ResponderEliminarNoraboa os pais por partida doble, polo cumpreanos do leiño e pola nova noticia.
Moitos bicos de david, mon e maria
Parabéns, familia!
ResponderEliminar:-)
Parabéns Paideleo!!
ResponderEliminarFelicidades, Leíño. Xa vai feito un homiño.
ResponderEliminarMagnífica nova. Parabéns a Leo polo aniversario e polo que vén de camiño. Saúdos.
ResponderEliminarParabéns para Leo que xa é todo un homeciño, e para vós...por outro cachorriño.
ResponderEliminarun bico para leo, e un abrazo para os pais.
Vivaaaaaaaaaaaaaa!!
ResponderEliminarBeijosmil!!
Graciñas a todos pola mostra de cariño !.
ResponderEliminarSeguro que o Leo e nós imos ser felices co novo membro da familia.
Graciñas de corazón.
Noraboa polo novo ano e máis polo novo irmán ou irmá!!!
ResponderEliminar¡vaia noticia bomba!, parabéns polo aniversario de leo e tamén por ampliar a familia, que recuncar cun pequerrecho sempre é motivo de ledicia. unha aperta.
ResponderEliminar